Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSdeG de Galicia advirte dunha suba do 282% nos recibos da auga no Val Miñor, por mor do novo canon da auga

O PSdeG de Galicia advirte dunha suba do 282% nos recibos da auga no Val Miñor, por mor do novo canon da auga

Correo-e Imprimir PDF
O conselleiro de Medioa Ambiente nunha visita as instalacións de Condominguez.

A información era recollida polo xornal La Opinión de Coruña o pasado 9 de xullo de 2012, unha noticia que pese a ter relevancia para o Val Miñor, non traspasou as fronteiras eumesas.

O PSdeG acusou o pasado mes de xullo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ser o "único responsable" de que a auga vaia a custar en Galicia un 120%  máis que en Andalucía, e denunciou que o aumento do custo será do 282% por cento en 22 municipios galegos, entre eles os concellos do Val Miñor.

En rolda de prensa, os socialistas replicaban deste xeito ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que xustificou o canon da auga polas "imposicións da Unión Europea".

A deputada socialista Carmen Gallego e o secretario de Medio Ambiente da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, Nicolás González, denunciaron nunha comparecencia en Pontevedra que "os galegos van pagar a auga de media un 120% máis cara que os andaluces". Ademais, os deputados socialistas alertaron de que o aumento do custo da auga será do 282% en 22 municipios da Comunidade galega.

Na provincia de Pontevedra son once os municipios afectados - Moraña, Baiona, Soutomaior, Nigrán, Vilaboa, Gondomar, Tomiño, Tui, Illa de Arousa, Cambados e a capital Pontevedra--, que aplicarán, segundo sinala o PSdeG, aos seus cidadáns unha suba do 282 por cento debido a que van pagar o canon da auga e o coeficiente de vertedura.

Coeficiente de vertedura

Ademais do citado canon de auga, aplícase o chamado coeficiente de vertedura, posto que estes municipios teñen a súa depuradora xestionada pola Xunta de Galicia.

O novo canon da auga que entrou en vigor o pasado mes de xullo, ten para os socialistas unha finalidade "recadatoria", porque obrigará a pagar ás comunidades veciñais polas traídas privadas sen recibir ningún servizo a cambio. "E chega nun momento de recesión co desemprego crecendo en Galicia por encima do Estado", dixo Carmen Gallego.

No caso de Nigrán, o recibo verase incrementado tamén pola suba de impostos decretada a comezo de ano;  e no caso de levar adiante a ampliación da ETAP de Condominguez según o último compromiso do conselleiro Agustín Fernández, os recibos tamén acuciarían unha suba durante 20 anos para costear o pago desta infraestructura necesaria para o novo parque empresarial de Porto do Molle.

Máis información DECRETO 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.