Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta promete adiantar o 100% do custe da obra de ampliación e mellora da ETAP de Nigrán.

A Xunta promete adiantar o 100% do custe da obra de ampliación e mellora da ETAP de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
ETAP nigran_condominguez
Download this file (informe interventor etap.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Finalmente a Xunta de Galicia decidiu financiar a totalidade da ampliación e mellora da estación de tratamento de auga potable de Nigrán. As obras sobre a ETAP Condomínguez contarán cun orzamento de 1.115.000 euros que disporá o goberno autonómico a través de Augas de Galicia. Así llo trasladou este martes o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ao alcalde de Nigrán, Alberto Valverde. A decisión final a terá o Pleno de Nigrán, quen deberá ratificar o acordo entre as dúas administracións.

Segundo o informado por Medio Ambiente o anteproxecto de mellora da ETAP de Nigrán, así como as obras, poderán ser licitados antes do final do ano 2012, unha vez que se conte co visto e prace do Pleno. O custe total da obra logo será revertido aos veciños do municipio a través dun aumento progresivo das tarifas da auga, ata amortizar o total da obra, nun prazo próximo aos 20 anos, segundo o estimado na sesión do pleno celebrado no pasado mes de marzo.

Antecedentes.

No mes de marzo as obras de melloras da estación Condomínguez ían ser financiadas ata un 90% do seu orzamento polo goberno autonómico. O restante 10% debía ser custeado polo propio Concello de Nigrán, quen negociou con Zona Franca de Vigo a posibilidade de que este organismo se responsabilizara desa cantidade, pola incidencia do Polígono de Porto de Molle na necesidade de ampliar a estación. Finalmente, será a Xunta de Galicia quen financie a totalidade da obra hidráulica.

Repercusións.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, mostrou a súa satisfacción ante o anuncio da Consellería de Medio Ambiente, "una iniciativa que constata una vez más el compromiso que el gobierno autonómico tiene para con nuestro municipio y sus vecinos", expresou Valverde. Nas súas declaracións lembrou que "en el anterior mandato, el acuerdo establecía una cofinanciación de un 70/30, cifras que consiguió mejorar el actual gobierno municipal gracias a las gestiones realizadas ante la Xunta de Galicia en los últimos meses".

Pola súa banda, o concelleiro Juan González (PSOE), sinalou que trátase do "inicio de la campaña electoral", do PP. Nese senso advertiu que " Ni Alberto Valverde ni la Xunta de Galicia indican de que partida presupuestaria ni a través de que Convenio el Partido Popular promete la financiación de esta obra." Agregou que "En cuatro años la Xunta del PP solo invirtió en Nigrán en un semáforo que lleva meses sin funcionar pero ahora, en dos meses, prometerán ETAP, Punto Limpio, Centro de Saude de Panxon y un largo etc de demagogias".