Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG de Nigrán esixe que sexa Zona Franca a que sufrague a ampliación da ETAP de Nigrán

O BNG de Nigrán esixe que sexa Zona Franca a que sufrague a ampliación da ETAP de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

ETAP nigran_condominguez
O portavoz do nacionalista, Xavier Rodríguez, manifestou nun comunicado a posición do BNG de Nigrán no referente ao ante proxecto de ampliación da estación de potabilizadora de Consominguez aprobado no último pleno cos únicos votos do goberno do Partido Popular.

As obras teñen un custo de máis de 1,2 millóns de euros que según o convenio con Augas de Galicia, sufragarase cun incremento do servizo que pagarán todos os cidadáns e empresas do concello.

O BNG esixe que sexa o Consorcio da zona Franca de Vigo o que se faga cargo a infraestructura, xa que é precisamente o desenvolvemento do Parque Empresarial de Porto do Molle o que motiva esta ampliación de urxencia, xa que a instalación actual é insifuciente para aboserver a demanda que xenerará o futuro complexo empresarial en marcha. 

O BNG manifesta que Porto do Molle constitúe unha promoción inmobiliaria de carácter industrial, pola que Zona Franca obterá importantes ingresos que ven demostrado según os nacionalistas polos elevados prezos que esixen polo solo, e que imposibilitan a empresas de Nigrán o poder instalarse no Polígono.  "É esta actuación inmobiliaria a que provoca a necesidade de inversión para mellorar o servizo de abastecemento de auga. Inversión que, coa proposta actual aprobada polo PP, recae nos veciños de Nigrán, que verán aumentadas as tarifas pola prestación do servizo, para financiar a adecuación da infraestructura a nova demanda orixinada polas empresas que se instalen no Parque empresarial" manifestou Rodríguez, polo que o BNG oponse a que sexan o custe da infraestructura reaica novamente con outro incremento do prezo do servizo para os veciños de Nigrán, tasas que xa foron revisadas e incrementadas para este exercicio de 2012.

"Os cidadáns non poden correr co gasto orixinado polo desenvolvemento urbanístico promovido por Zona Franca, e entendemos que debe ser esta a que o asuma."  Esta afirmación do portavoz nacionalista se sustenta nun documento asinado por Zona Franca durante o anterior goberno de Nigrán onde o consorcio se comprometía a asumir os custes da infraestructura no caso de que fose necesaria a súa construción.