Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Valverde unificará os depósitos municipais cunha convocatoria que esperta críticas na oposición.

Valverde unificará os depósitos municipais cunha convocatoria que esperta críticas na oposición.

Correo-e Imprimir PDF
Concello-de-Nigran
concurso nave_almacen_contrato_alquiler_concello_nigran
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Concello de Nigrán quere unificar nun só local os depósitos municipais co fin de aforrar máis de 11 mil euros, según os cálculos da propia administración. Para iso emitiu unha convocatoria pública para a presentación de ofertas de "nave o taller-almacén municipal" o pasado luns 23 de xaneiro que levantou críticas e sospeitas na oposición pola brevidade do prazo. Ademais, o local solicitado no anuncio presenta certas especificidades e unhas condicións que levaron a afirmar ao concelleiro Juan González (PSOE) que "dá a sensación de que xa se sabe a quen, onde e como se vai contratar a nave."

O rexedor popular Alberto Valverde afirma que a actual dispersión dos materias e maquinarias municipais supón o sostén de 6 contratos por más de 53 mil euros anuais. Cifra que o alcalde busca reducir coa proxectada unificación en non máis de 49.560 mil euros (IVE Incluído). Para iso a administración solicita un local que ademais de cumprir cos requisitos legais, debe ter 1.500m2, cunha parcela libre de 1.000 metros máis. A mesma non pode estar a máis de 2km da Casa do Concello e debe contar con pavimentación apropiada para camións así como instalacións hixiénicas. O contrato de aluguer tería unha duración de 4 anos.

Os contratos que caerían, segundo Valverde, co novo local serían os alugueres dun baixo na Ramallosa (18.408 euros anuais); unha leira nas Balezas en Camos que se usaba de vertedoiro polo que se pagaban 12.546,18 euros anuais; o local de urbanismo polo que se pagaban 7.504 euros anuais (ainda que este non vai ser trasladado á nave se non ao novo edificio do concello) ; un "local para motos en Nigrán" do que o rexedor afirma que "non existía contrato" e polo que se pagaban 8.424 euros anuais; e outro pola dun vehículo en aluguer polo cal pagábanse 6.372 euros anuais.

Polémica polos prazos e corrección da alcaldía.

O devandito anuncio publicado o día 24 de xaneiro no Faro de Vigo, daba prazo ata o día 25 ás 14 horas para que os interesados presentaran as ofertas no Rexistro Municipal. Algo que espertou inmediatamente as críticas dos posibles interesados e a oposición pola case imposible posibilidade de cumprir tódolos requisitos de documentación en tan breve tempo. Por outra banda esta data era contraditoria coa que se daba como prazo total da oferta pública, con vencemento no 30 de xaneiro. O que fixo que esta mañá o rexedor Alberto Valverde clarificase que as ofertas poden chegar ata esa data.

O PSOE manexa outras cifras e afirma que será un gasto innecesario

O concelleiro Juan González sostén que o almacén actual, alugado na Ramallosa supón 12.000€ ao ano "e se combina perfectamente coas instalación municipais de A Telleira a carón da Policía Local". Agrega que "aínda cando a Policía Local en datas moi próximas vaise instalar no novo edificio da Casa Consistorial e o espazo para Vías e Obras verase ampliado en máis dun 100%."