-Socialistas denuncian públicamente que a nave a contratar en aluguer polo concello de Nigrán "xa está apalabrada e pechada a súa contratación" polo propio alcalde antes de iniciar o procedemento público.
- Juan González, reclamou a realización dun novo concurso público que garantice a trasparencia do procedemento.
Medra a polémica en Nigrán sobre a transparencia do concurso público de aluguer dunha nave-taller-almacén iniciado polo Concello o pasado día 24. O portavoz dos socialistas, Juan González, denunciou públicamente que "a nave a contratar xa está apalabrada, e pechada a súa contratación por Alberto Valverde, antes de iniciar o procedemento público." Segundo González, trataríase dunha antiga nave situada na Rúa dos Pazos, na Tarela en Nigrán; unha nave que según os socialistas non podería ser obxeto de contratación xa que "é unha construción totalmente ilegal e polo tanto elo imposibilita a unha administración contratala".
A polémica esta servida no concello de Nigrán polo concurso público de aluguer dun almacén para uso do concello. Unha adxudicación que fixa un prezo de 42.000 ao ano máis IVE por un período de catro anos, que poderían ser prorrogables. O montante total do contraro estimaríase en 198.240 euros (IVE incluído) para o período incial de catro anos.
Gonzalez afirmou que "Alberto Valverde tentou burlar a lei" para encaixar a situación de ilegalidade da citada nave, introducindo no pliego a condición de que non poderían presentarse aquelas edificacións que tiveran aberto un expediente urbanístico; feito que cumpliría esta edificación xa que pese a ser ilegal, non existe ningún expediente urbanístico da propia administración local nin autonómica.
O portavoz socialista asegura que os técnicos municipais "xa lle teñen avisado" ao alcalde Alberto Valverde que "non ter aberto expediente urbanístico non significa que sexa legal". De feito, González lembrou ao goberno municipal que para que o concello poda contratar o aluguer dunha instalación ten que contar con "licenza urbanística e licenza de 1ª ocupación" algo que non cumpriría a citada nave "apalabrada".
Juan González tamén criticou as argumentación feitas esta mañá por Valverde, nas que xustificaba o aluguer desta nave coa baixa de seis contratos que permitirían aforrar máis de 11 mil euros. Nese senso, González salientou que o aluguer do baixo de A Ramallosa, polo que o concello paga 18.408 euros anuais e o local para motos en Nigrán que ascende a 8.424 euros anuais son os "únicos realmente certos", xa que a contratación desta nave non suple nin o alguer da actual oficina de urbanismo, que será trasladada ao novo edificio do concello, nin ao aluguer do vehículo utilizado polo enxeñeiro municipal para as inspeccións de traballo ironizando que "sería a primeira vez na historia na que un enxeñeiro municipal realizase as inspeccións montado nunha nave/almacén de Vías e Obras"
Por último o Partido Socialista reclamou a Alberto Valverde que inicie un de novo o proceso de contratación "dun xeito transparente e aberto a todos os cidadáns".