Mércores, 8 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar VIDEO | Retiran un enxame de avespa velutina en Vilariño

VIDEO | Retiran un enxame de avespa velutina en Vilariño

Correo-e Imprimir PDF
Momento da retirada do enxame en Viñariño | Imaxe Xilberte Manso
vespa velutina vilarinho2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A manobra non foi doada polas dimensións do enxame e a altura da que penduraba.

Unha grúa do Concello de Nigrán deu servizo aos dous operarios que procederon primeiro a fumigalo para logo comezar a súa retirada.

A operación de retirada complicouse polo tamaño do niño que era maior ao diámetro do saco no que tiña que ser depositalo.

Enfundados traxes de protección e máscaras, dous traballadores alcanzaban o enxame en altura auxiliados por unha terceira operaria dende terra nas manobras da grúa. Finalmente puideron alcanzar con éxito o enxame e retirar a colonia desta especie invasora que ataca as colmeas de abellas autótonas.

A operación foi rexistrada por Xilberte Manso de la Torre, membro do Instituto de Estudos Miñoranos e SOS GROBA, quen sufriu o ataque dunha das avespas pese a atoparse a máis de cen metros do lugar.

“Estamos ante outra bioinvasión preocupante e que está tendo xa efectos económicos na bisbarra, matando colmeas de abellas e afectando as froitas”, sinalaba Manso a este medio.
A presenza de niños de avespa asiática (Vespa velutina nigritorax) no Val Miñor foi denunciada por membros da Comunidade de Montes Santa Cristina de Sabarís no verán de 2012.

O técnico forestal e portavoz do BNG de Baiona, Iago Pereira e o apicultor local Moncho, foron quenes deron a voz de aviso en 2012 e 2013, logo de sinalar a presenza desta clase de avespa na zona do Sopegal. 

VIDEO realizado por Xilberte Manso