Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Un niño de avespas asiáticas leva 8 meses agardando a ser retirado en Sabarís

Un niño de avespas asiáticas leva 8 meses agardando a ser retirado en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Un especime de avespa asiática en Sabarís | Imaxe: vm.info
O enxame de avespas fotografíado no mes de novembro de 2014 | Imaxe. Vm.info
O enxame de avespas fotografíado no mes de maio de 2015 | Imaxe. Vm.info
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

O enxame pasou o período de hibernación e volve a estar activo, e as avespas xa rondan o entorno da céntrica avenida de Julián Valverde en Sabarís

Concello de Baiona e Xunta teñen coñecemento do enxame dende fai 8 meses sen que ningunha das administracións den sinais de vida para retiralo.

 Nin o período electoral parece reclamar o interese para o goberno local de Vazquez Almuíña como defensor e intermediador dos intereses dos veciños ante outras administracións, nin para o departamento de Medioambiente da Xunta de Galicia encargada da retirada dos enxames desta especie invasora.

O enxame, situado na rúa principal onde todos os luns celébrase o tradicional mercado de Sabarís, foi posto en coñecemento do Concello de Baiona e identificado in situ por técnicos da Xunta no pasado verán segundo sinalan varios veciños da zona. A resposta que tiveron logo da visita foi a promesa da súa retirada en período de hibernación, cando a vespa velutina entra nunha fase de letargo que permite a retirada completa do enxame con todos os seus hóspedes.

Pero a espera avanza xa 8 meses, a nogueira onde está situada volve a brotar e cubrir con follaxe o enxame, e nin Concello nin Xunta dan sinais de vida para retiralo desta zona urbana.

Os veciños quéixanse pola situación e lamentan a estratexia do concello de "non facerse cargo", xa non da retirada si non da mediación para esixirllo á Xunta.

"Vivimos un pouco angustiados, porque temos medo que un temporal detes tronce a rama que o sustenta e caia e saian enrabietadas" "Todos os dían temos que andar con insecticidas dentro da casa matando nelas. É horrible" . Sinala esta veciña de Sabarís.

Namentres a pelota segue "pasando de tellado en tellado" entre as dúas administracións, o enxame volve a estar activo e as avespas de grandes dimensións colonizan esta zona lindante a ao LIC e Rede Natura da Foz do Miñor.