Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Alfonso de Lis: “A mi me conocen por lo que digo y no por lo que callo”

Alfonso de Lis: “A mi me conocen por lo que digo y no por lo que callo”

Correo-e Imprimir PDF
alfonso-de-lis

 “A mi me conocen por  lo que digo y no por lo que  callo” sentenciou o ex concelleiro de urbanismo de Gondomar, Alfonso de Lis ao comezo dun diálogo telefónico con Valminor.info. Consultado pola denuncia que a Fiscalía presentou contra el por mor dunha presunta prevaricación urbanística, asegurou: “No he cometido ningún delito. Esto se deriva de una denuncia falsa corroborada por dos técnicas. Lo voy a demostrar.”

Nese senso, adiantou que pensa ratificar todo o actuado en materia urbanística nas vindeiras audiencias do 22 e 23 de outubro en sede penal. Nomeadamente defendeu as resolucións que levaron a afastar ás técnicas municipais e contratar ao avogado José Martínez Torea para que tramitara e informara os expedientes urbanísticos, por considerar que as funcionarias non cumprían as súas obrigas  e “bloqueaban” a xestión .

“Nunca cobré nada, no hubo mordida”.

Lo único que hice para enfrentar el bloqueo en el que se encontraba Urbanismo fue aplicar la normativa vigente y el sentido común”, explica de Lis, e engade na súa defensa que “Nunca cobré nada, no hubo mordida”, durante a súa xestión. Asegura que está preparado “para todo”, e restou peso á acusación fiscal por considerar que non está baseada “en hechos”, senón en “presunciones”.

Mucha gente se tendrá que tragar las palabras”, ameaza o ex concelleiro que reitera a total  legalidade da súa actuación pública na xestión urbanística. Nese senso salienta como boa sinal o feito de que o xuíz “admitó a trámite todas las diligencias probatorias presentadas por nosotros”. Así como o feito de que segundo a súa interpretación do escrito fiscal, o acusador público non “declaran nulas ni instan a que se declararon nulas las licencias. Ninguna licencia es ilegal”, afirma de xeito rotundo.

Ya me han aplicado la pena de banquillo provocándome un daño irreparable”.

De Lis está doído polo tratamento que  os medios informativos están a facer nestes días do caso e principalmente da súa persoa. Moléstalle principalmente as comparacións ou referencias cos sucesos que tinguidos de corrupción levaron aos tribunais ao ex alcalde popular de Gondomar, Carlos Silva e parte do seu equipo de goberno a finais de 2007.

 Entende que moita xente esquece a “presunción de inocencia”, á que se ten dereito cando non hai “ni un solo hecho probado de que haya cometido delito”.  “Ya me han aplicado la pena de banquillo provocándome un daño irreparable”, afirma. Nese senso sinala que un familiar tivo que arranxar as páxinas informativas dun xornal para que a súa nai de 87 anos non se vira afectada polas cousas que del afirmábase nas notas.

De Lis apunta ao BNG

Alfonso De Lis apunta directamente ao BNG como causante da “denuncia falsa”. Se ben no seu diálogo con Valminor.info non mencionou directamente ao Bloque, si o fixo nunha entrevista concedida ao xornal Faro de Vigo: "En el juicio se verá que todo es fruto de una denuncia falsa del BNG que corroboraron dos funcionarias municipales", sinalaba. Un BNG que este mércores esixíalle ao actual alcalde popular de Gondomar, Fernando Guitián, que fixera comparecencia pública para aclarar as responsabilidades de membros do seu partido en estes feitos.

Nembargante, o concelleiro Antonio Araúxo  actualmente en ANOVA,  mais daquela membro do BNG,  asegurou a Valminor.info que a achega de información que fixo á Fiscalía non foi unha decisión partidaria senón persoal.  Nese senso agregou que o fixo de xeito persoal pois daquela a dirección nacional do Bloque estaba en contra da chamada “xudicialización da política”. “Mo prohibían expresamente os documentos e directrices do BNG”, asegura o concelleiro nacionalista.

  “Si hay un ser superior lo único que le pido es que me de salud”.

De Lis, quen sufrira un importante problema de saúde sobre o final do seu mandato, asegura atoparse ben. Aínda que matiza que “Si hay un ser superior lo único que le pido es que me de salud”, para poder chegar a demostrar a súa inocencia dos cargos presentados.

Na actualidade, Alfonso de Lis non ocupa ningún cargo público. Como secretario xeral do PSOE presentouse ás eleccións do 2007 encabezando a lista do seu partido obtendo o cargo de concelleiro municipal de Gondomar xunto con outros tres membros. Eran tempos do bipartito PSOE – BNG, e a pesar de manter un forte enfrontamento político con Antonio Araúxo, permitiu o nomeamento deste último como alcalde de Gondomar. En xuño de 2009 presentou unha moción de censura xunto có PP encabezado por Martín Urgal, para destituír a Araúxo. Por mor disto foi deixou a súa condición de afiliado ao PSOE e pasou a gobernan como non adscrito co apoio dos outros tres membros da lista. Sobre as eleccións municipais de 2011, fundou a agrupación independente Iniciativa por Gondomar (IxG), na que figurou como segundo de lista, agrupación que só obtivo un cargo de concelleiro.