Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Iniciativa por Gondomar presentou oficialmente a candidatura de Manuel Gómez á alcaldía de Gondomar.

Iniciativa por Gondomar presentou oficialmente a candidatura de Manuel Gómez á alcaldía de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
ixg_todos

O sábado, día 7 de maio, tivo lugar no restaurante Monteferro, a cea – presentación da candidatura de INICIATIVA POR GONDOMAR (IXG). Diante de máis de 350 persoas, o equipo liderado polo alcaldable Manuel Gómez e o actual 1º Tenente de Alcalde de Gondomar Alfonso de Lis, fixo a súa presentación publica, compartindo mesa e mantel, onde cada persoa pagou o seu prato. No acto se deron a coñecer as liñas básicas do seu programa “que se enmarca dentro da cercania das persoas, o seu compromiso con Gondomar e defendo a súa xestión baseada no slogan A realidade dos feitos.”

Dende IXG afirman que Gondomar precisa ser liderado “por unha persoa que nesta última lexislatura amosou o bo facer dende que tivo responsabilidades de goberno”, en referencia a Manuel Gómez, veciño de Mañufe. A agrupación liderada por estes dous ex membros do PSOE Gondomar entende o a actuación no goberno de Gómez como concelleiro de Obras “supuxo un pulo na consecución de dotar a toda a veciñanza unha mellora cuantitativa e cualificativa dos camiños, restauración de fontes, etc. sobre todo nun concello eminentemente rural onde a súa extensión de 75 km2 falan ben as claras das eivas existentes en infraestruturas esencias como se citan o pavimentar 53 camiños en menos de dos anos de goberno”. “Aí están as realidades dos feitos.”, afirman.

Lista de Candidatos de Iniciativa por Gondomar segundo a publicación do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

1. DON MANUEL GÓMEZ GONZÁLEZ

2. DON ALFONSO JAVIER DE LIS FIUZA

3. DOÑA EVA MARÍA BARGIELA BLANCO

4. DON JESÚS CHAMADOIRA GONZÁLEZ

5. DOÑA FRANCISCA PRIETO CAYETANO

6. DON JULIO RODRÍGUEZ ALONSO

7. DOÑA ROCÍO DEOLINDA GOBERNA SOUSA

8. DOÑA MARTA MARTÍNEZ DIZ

9. DON GUILLERMO MOREIRA GREGORES

10. DOÑA MARÍA ROSA VIEITEZ VALVERDE

11. DON ALBERTO SANTOS JORGE

12. DOÑA RAQUEL MARÍA MARTÍNEZ MARTÍNEZ

13. DON JULIO COSTAS CHAMADOIRA

14. DOÑA MERCEDES QUINTAS MENESES

15. DOÑA NOELIA SILVA FONTÁN

16. DON SEVERINO MANUEL BEA TOYOS

17. DOÑA PATRICIA SUÁREZ ALONSO

Suplentes:

1. DOÑA MARÍA BEGOÑA RAMILO FERNÁNDEZ

2. DON CARLOS ESTÉVEZ ALLERES

3. DOÑA MARÍA DEL CARMEN LÓPEZ FERNÁNDEZ

4. DON ALEJANDRO BARREIRO VILANOVA

5. DOÑA ERNESTINA ÁNGELES JORGE MANTILLA

Iniciativa por Gondomar non presenta candidaturas á Entidade Menor Local de Morgadáns.

Fe de erro: Inciativa por Gondomar presenta a seguinte candidatura para a Entidade Menor Local de Morgadáns

JESÚS CHAMADOIRA GONZÁLEZ

MELISA QUINTAS

ALEJANDRO BARREIRO VILANOVA