A Concellaría de Emprego de Gondomar ofrece mañá xoves desde as 9.30 horas a súa cuarta xornada de emprego, na que intervirán empresarios da Pasaxe, responsables de Radio Ecca e do portal de colocación Eures. O acto culminará cunha charla dun experto en habilidades directivas. Os interesados poden inscribirse chamando ao 986 384020.
Programa do obradoiro "Recursos cara o Emprego":
-O emprego en Europa
-A importancia da formación
-Os pefiles máis demandados.
A actividade está organizada polo Concello de Gondomar xunto co Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar, e conta coa colaboración de EURES (Emprego en Europa), A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), así como a Asociación do Polígono Industrial de A Pasaxe.