Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Inscricións abertas para participar no ciclo formativo "Gondomar traballa polo emprego".

Inscricións abertas para participar no ciclo formativo "Gondomar traballa polo emprego".

Correo-e Imprimir PDF
CARTEL-TRABALLO

O Concello de Gondomar anunciou a apertura de inscricións para participar no programa "Gondomar traballa polo emprego". Un ciclo de carácter gratuíto, que ten por obxectivos fornecer nos interesados a preparación e habilidades na pescuda de emprego. O calendario prevé o desenrolo de 4 obradoiros que terán por temática o desenvolvemento persoal, o proceso de selección, o Emprego 2.0 e Recursos cara o Emprego. Os faladoiros terán lugar no Centro Neural de Gondomar durante o mes de novembro. As inscricións tamén deben facerse no CDL de luns a venres de 9 a 13:30 horas, ou no teléfono 986 38 40 20, así como no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

 

Segundo informou a concelleira de Emprego, Natalia Salgueiro, os cursos terán lugar segundo o seguinte calendario:

Martes 20 de novembro de 16:30 a 19:30 horas

Desenvolvemento persoal:

-A marca persoal

Xoves 22 de novembro de 10:30 a 13:30 horas

-O proceso de selección:

-Como superar unha entrevista de traballo

Martes 27 de novembro de 16:30 a 19:30 horas

O Emprego 2.0:

-Busca de emprego na rede.

-Xoves 29 de novembro de 9:30 a 13:30 horas

Recursos cara o Emprego:

-O emprego en Europa

-A importancia da formación

-Os pefiles máis demandados.

A actividade está organizada polo Concello de Gondomar xunto co Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar, e conta coa colaboración de EURES (Emprego en Europa), A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), así como a Asociación do Polígono Industrial de A Pasaxe.