Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Comezou a conta atrás para que o Concello de Gondomar entregue a lista final de empadroados.

Comezou a conta atrás para que o Concello de Gondomar entregue a lista final de empadroados.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da cadeira cos expedientes tomada polo candidato Francisco Ferreira na denuncia do 18 de xaneiro.

Hoxe pechou o prazo de inscricións nos padróns municipais para votar nas próximas eleccións de maio e un número aínda non determinado de cidadáns dados de alta ou baixa no Concello de Gondomar entre xuño de 2010 e xaneiro de 2011 non figuran nas listas do Instituto Nacional de Estadísticas (INE). Ante a posibilidade de que este atraso afecte o dereito que ten o cidadáns de votar no concello onde viven, hoxe o candidato socialista Francisco Ferreira solicitou a través do rexistro do Concello unha certificación “da Secretaria Municipal (responsable do departamento)coas tramitacións de altas e baixas do Padrón Municipal de Habitantes , correspondente ó ano 2010.” Pola súa banda, a concelleira de Persoal Natalia Salgueiro aclarou que se ben hoxe pecha a posibilidade de inscribirse no padrón municipal, o Concello conta cuns días máis (non puido especificar nese momento cantos) para presentar a lista ao INE. A concelleira agregou que o persoal encargado da tarefa está traballando para cumprir cos prazos.

O postulante a rexedor polos socialistas Francisco Ferreira denunciou o pasado 18 de xaneiro a existencia de mais de 400 expedientes de empadroamento sen tramitar amoreados nunha cadeira da oficina de rexistros do Concello. Para probar a súa denuncia tomou unha fotografía da cadeira o que lle valeu un día despois a acusación de vulnerar a lei de protección de datos, nun comunicado do Concello asinado pola concelleira de Persoal e portavoz do PP Natalia Salgueiro. Nese mesmo escrito, a concelleira enviaba unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e aseguraba “que los hechos denunciados son fruto del ventajismo político que quiere adquirir el alcaldable socialista y transmitirles que su derecho a voto activo y pasivo será respetado."

Fontes da representación sindical dos funcionarios afirmaron o venres pasados que o atraso foi comunicado meses atrás ás autoridades. Ante os prazos establecidos fíxose un pedido para reforzar o departamento o que non foi respondido polas autoridades. O encargado do rexistro é un só funcionario que ten que cumprir con outras moitas obrigas, afirmaron.