Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O candidato socialista Juan Ferreira non puido inscribir a seu fillo polas débedas do Concello.

O candidato socialista Juan Ferreira non puido inscribir a seu fillo polas débedas do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

“O Xulgado de Gondomar non pode enviar nada por correo dende hai unha semana e seguirá así ata que o goberno municipal de Gondomar (responsable de correr cos devanditos gastos) aboe a CORREOS os 1.653,98 euros que se lle debe dende decembro de 2009 polo servizo”, afirmou Juan Francisco Ferreira, secretario xeral do PSOE Gondomar.

Ferreira agregou que “A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A., reclama ao concello de Gondomar 397,06 euros do mes de decembro de 2009, requirimento que fixo por escrito ante o alcalde o 10-03-2010 por primeira vez e reiterou o 23-04-2010. E por se fose pouco, agora tamén se debe a correos 379,79 euros do mes de setembro do 2010, 267,71 do mes de outubro e 609,42 euros do mes de novembro, coa conseguinte demoras de 364 máis.”

“Correos requiriron en varias ocasións ao concello para pagar baixo a ameaza de corte do servizo, pero o goberno municipal fixo caso omiso e agora, polo que correos se viron obrigados a rescindirlle o contrato do servizo de correo e iniciar os trámites de reclamación a través da vía xudicial”, agrega o candidato a alcalde polo PSOE – Gondomar.

O propio Juan Ferreira, hoxe cando foi a inscribir o nacemento do seu fillo ao non existir servizo de correos tivo levar a documentación en man ao Rexistro Civil de Vigo, “así varias persoas que se achegaron a realizar xestión , as que foron a semana pasada e que terán que facer as semanas vindeiras”, afirma Ferreira.

Para Ferreira “isto xa é vacilar os veciños, nunca vin un goberno tan desastroso en 22 anos que levo na administración local, este goberno está morto e vainos levar a ruína total”. “Despois do visto e da xestión que fixeron só lles queda marchar para a súa casa e desexar que unha nova corporación vote man do concello canto antes”.