Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Natalia Salgueiro acusa ao candidato do PSOE de vulnerar a Lei de Protección de Datos.

Natalia Salgueiro acusa ao candidato do PSOE de vulnerar a Lei de Protección de Datos.

Correo-e Imprimir PDF
A foto da discordia tomada no Departamento de Rexistro do Concello de Gondomar.

A concelleira Natalia Salgueiro Hermida (PP) acusa ao candidato do PSOE e xefe da Policía Local Francisco Ferreira dun presunto delito de vulneración da Lei de Protección de Datos ao ingresar sen permiso ao Departamento de Rexistro en horario da tarde e sen funcionarios da dependencia. Salgueiro en calidade de concelleira de Persoal, manifesta nun escrito que " Esta mañana los vecinos de Gondomar se despertaron con la noticia del presunto atraso en la inserción de datos de padrón (ver nota), acompañado de fotografía y de datos que no están al alcance de ningún funcionario que no sea el encargado de ese servicio. Es por ello que, visto el alcance de los hechos, constitutivo de delito, el gobierno municipal estudiará pedir cuentas de esta actitud."

A concelleira manifesta que os feitos denunciados polo candidato socialista e membro da Policía Local, intenta facer responsables a seus compañeiros de traballo "de unos hechos tan graves dado que no existe escrito alguno del responsable del departamento informando de esa supuesta situación."

Gondomar en proceso de modernizar a administración.

Salgueiro atribuíu o presunto atraso no rexistro de empadroamento aos traballos de revisión e actualización dos datos nun novo software adquirido pola administración aos efectos de por en funcionamento os volantes de empadroamento. Esta documentación permitirá aos veciños acceder gratuitamente a unha modalidade documental válida para gran parte dos trámites para os que se solicita a devandita acreditación de veciñanza, xa en funcionamento en outros concellos de España.

Salgueiro dixo en nome do goberno municipal de Gondomar que quere " enviar un mensaje de tranquilidad a los vecinos y asegurar que los hechos denunciados son fruto del ventajismo político que quiere adquirir el alcaldable socialista y transmitirles que su derecho a voto activo y pasivo será respetado."