Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PSOE denuncia que máis de 400 veciños de Gondomar están fóra do Padrón municipal.

O PSOE denuncia que máis de 400 veciños de Gondomar están fóra do Padrón municipal.

Correo-e Imprimir PDF
As solicitudes de empadroamento de 400 gondomareños agardan nunha cadeira nas dependencias do concello.

Máis de 400 altas de empadroamento amoreadas nunha cadeira do Concello de Gondomar agardan a súa tramitación dende xuño de 2010. Un único funcionario, “superado” pola acumulación de solicitudes, “sigue y suma” dende xuño a xaneiro de 2011 según denunciou o candidato socialista Francisco Ferreira. O líder dos socialistas anunciou medidas para dirimir responsabilidades: “Lo que está haciendo el gobierno de Gondomar es tan grave y genera consecuencias tan perjudiciales para Gondomar y sus vecinos que lo denunciaremos de inmediata ante el Instituto Nacional de Estadística y el propio Defensor del Pueblo”.

O candidato socialista fixo mención á repercusión desta falla na situación dos veciños vítimas da irregularidade. Destacou a necesidade de estar censado para garantir entre outras o acceso a prestacións de carácter social, becas escolares, proveitos e vantaxes da pertenza formal á comunidade. Tamén refiriu aos dereitos políticos como cidadáns de cara ás futuras eleccións municipais do próximo 22 de maio, nas que de momento e ata non regularizarse a súa situación, están excluídos de participar no concello.

Os prexuízos non rematan no individual, tamén o concello perde ingresos pois “cada nuevo vecino inscrito en el padrón supone aumentar los ingresos municipales por transferencia estatal”, explicou Ferreira. “Mientras todos los ayuntamiento de España están preocupados en captar vecinos, a través de campañas censales, para aumentar las transferencias del Fondo de Participación en Tributos del Estado”, agregou “aquí es justamente lo contrario, no los queremos”.

Ferreira reiterou que Gondomar conta polo menos 400 veciños menos no censo municipal, o que repercute negativamente nas posibilidades do concello de ser beneficiario dun maior número de subvencións de outras administracións. En opinión de Ferreira “el gobierno tripartito trata con desprecio a sus vecinos no tramitándole el alta de empadronamiento, lo que supone un verdadero perjuicio para éstos, y una falta de gestión, que puede dar origen a responsabilidades penales…”.