Luns, 22 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Curso homologado de monitores de tempo libre

Correo-e Imprimir PDF

Cartel_Monitor_Tempo_Libre_NIGRANOrganizado pola escola de tempo libre FESAN, en colaboración co Concello de Nigrán, o obxectivo é a formación e capacitación para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades de tempo libre e socioculturais orientadas á infancia, xuventude, persoas maiores ou con necesidades especiais. A titulación (homologada pola Xunta de Galicia)  está orientada ao traballo en centros socioculturais, asociacións, campamentos, albergues, concellos, colexios (extra-escolares), escolas infantís, empresas turísticas, de lecer e tempo libre, etc.

O curso desenvólvese os sábados de maña e tarde no Centro Antena de Nigrán, desde o 18 de decembro ata o 29 de maio de 2011; completando 200h de teoría e ademais 150 horas de prácticas posteriores.

Ningrán: Concurso - oposición libre dunha praza de Auxiliar de Biblioteca.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán realiza unha convocatoria de concurso - oposición libre, para a provisión dunha praza de Auxiliar de Biblioteca en réxime de persoal laboral fixo. O prazo para a presentación de solicitudes vence o 29 de novembro.

O proceso de selección consta de unha fase de concurso onde se valorarán os méritos de formación e experiencia profesional, e coñecemento de lingua galega. A fase de oposición consta de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios.

Oferta pública de emprego da Mancomunidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
A Mancomunidade do Val Miñor, presidida por Efrén Juanes, alcalde de Nigrán, fai unha oferta pública de emprego para dous postos de condutores de maquinaria. A oficina da mancomunidade atópase no Concello de Baiona é aí deben dirixirse os interesados.

A Ramallosa: Campaña compra na praza. Compra saúde.

Correo-e Imprimir PDF
A campaña comeza o próximo 9 de novembroA praza da Ramallosa únese a campaña da Xunta de Galicia “Este inverno presume de praceiro/a. Elixe o teu/túa preferido/a” e gaña cheques quincenais.

Dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro, as persoas que compren na praza da Ramallosa recibirán un cupón por cada acto de compra, que poderán depositar na urna instalada alí mesmo indicando o parceiro preferido, e, asemesmo, entrarán nun sorteo quincenal de cheques compra por valor de 75, 50 e 25 euros, a descontar na propia praza ata o  31 de decembro de 2010.

José Luis Froiz Espiño: “A incerteza é o maior inimigo do consumo”.

Correo-e Imprimir PDF

Asociación Empresario Val MiñorO Plan Xeral de Ordenación Municipal é o gran pantasma dos tres concellos miñoranos. Ningún deles ten a tarefa feita e o 2010 despídese sen que o Val Miñor conte con regras claras en materia de urbanismo.O presidente da Asociación de Empresarios do Val Miñor, José Luis Froiz Espiño, manifestou a súa preocupación e responsabilizou este desarranxo legal de ser un dos grandes responsables da difícil situación pola que atravesa o sector da construción.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL