Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Medio Rural convoca as axudas para o sector do lúpulo

Correo-e Imprimir PDF
O cultivo de lúpulo en España está sufrindo un forte retroceso

.O obxectivo destas axudas é apoiar o establecemento de novas plantacións, a reconversión e mellora das existentes e a adquisición de maquinaria específica para a mecanización do cultivo

Medio Rural convoca ás axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas

Correo-e Imprimir PDF

forestacion_arbolitosO importe total previsto para esta liña ascende a 4.500.000 euros, distribuído nos anos 2011 e 2012

Estas subvencións están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

O informe do Ministerio de Traballo certifica o despido encuberto dos obreiros das panaderías Las Mercedes.

Correo-e Imprimir PDF

huelga-9-13-3Os 25 obreiros en conflito das panaderías Las Mercedes deixaron a concentración ás portas da central ás 0 hora deste sábado 25 de xuño. A medida foi tomada logo de que na tarde do venres, recibiran a información por parte de Comisiones Obreras (CCOO), que a acta da inspección do Ministerio de Traballo certifica o peche intencional por parte da patronal dos despachos de Porriño, Nigrán e Baiona, da devandita panadería, así como o carácter de "despido encuberto" realizado pola empresa de cara aos traballadores.. A partir do próximo luns, os obreiros esperan o anuncio oficial para comezar os seus trámites que lles posibilite acceder ao paro, logo de levar seis meses e medio sen percibir os seus salarios.

Mar de Silleiro estivo presente na 5ª edición de Salimat celebrada en Silleda.

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro Antonio Garrido visitou o posto de Mar de Silleiro na 5ª edición de SalimatA empresa Mar de Silleiro S.L. que agrupa dende 2005 a un colectivo de percebeiros de Baiona e A Garda, estivo presente na quinta edición de Salimat, evento celebrado esta fin de semana no concello de Silleda. Salimat está considerada como unha plataforma de difusión de primeira orde para dar a coñecer produtos relacionados directamente coas actividades pesqueiras e marisqueiras. Antonio Garrido Pousa, concelleiro de Pesca e Marisqueo de Baiona, visitou o posto de Mar de Silleiro e trasladou o apoio do goberno municipal a esta nova empresa.

A inspección de Traballo constata o peche dos locais das panaderías Las Mercedes por parte da patronal.

Correo-e Imprimir PDF
Os empregados das panaderías Las Mercedes cumpren 9 días sen poder ingrear aos seus postos de traballo.

A inspección do Ministerio de Trabajo levantou esta tarde un acta informativa onde consta que os obreiros das panaderías Las Mercedes de Nigrán, A Ramallosa, Baiona e Porriño están imposibilitados de ingresar aos seus postos de traballo por mor da acción da patronal que pechou os devanditos locais co fin de impedirlles o ingreso. O sindicato de traballadores comunicou a Valminor.info, que a visita produciuse logo que o alcalde de Porriño, Nelson Santos intercediera ante o Ministerio a fin de que axilizara o envío da inspección. Os traballadores estaban a esperar a chegada dos funcionarios de Traballo dende o pasado martes 14 de xuño. Mentres tanto cumprían os seus horarios laborais á intemperie xa que a empresa oficialmente non pechou nin despediu a ningún deles.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL