Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía José Luis Froiz Espiño: “A incerteza é o maior inimigo do consumo”.

José Luis Froiz Espiño: “A incerteza é o maior inimigo do consumo”.

Correo-e Imprimir PDF
Asociación Empresario Val Miñor

O Plan Xeral de Ordenación Municipal é o gran pantasma dos tres concellos miñoranos. Ningún deles ten a tarefa feita e o 2010 despídese sen que o Val Miñor conte con regras claras en materia de urbanismo.O presidente da Asociación de Empresarios do Val Miñor, José Luis Froiz Espiño, manifestou a súa preocupación e responsabilizou este desarranxo legal de ser un dos grandes responsables da difícil situación pola que atravesa o sector da construción.

Esta débeda dos concellos cos veciños da comarca, é atribuída polo directivo empresarial, ao histórico problema da desfeita que cada novo goberno fai do que deixou encamiñado o seu antecesor. Puxo por caso o plan 97 do concello de Gondomar, para Froiz, "un bo plan", que caeu porque "Entre todos os políticos mataron o plan, e agora págao a xente".

Dentro dos maiores damnificados, Froiz señalou aos pequenos empresarios, os que teñen oito ou dez traballadores, pero multiplicados pola cantidade de obras que se podrían estar facendo, implicaría a moitos obreiros fóra do paro, ademais de carpintarías, electricistas, pintores e demais pequenas e medianas empresas do sector traballando.

“A incerteza é o maior inimigo do consumo”, e a falta de unha lexislación clara é unha das grandes responsables da crise asegurou o directivo.

Na entrevista mantida co Valminor.info, José Luis Froiz, fixo fincapé na importancia do sector da construción na vida da bisbarra, onde só na asociación que el dirixe, se atopan rexistradas máis de trescentas empresas vinculadas ao sector da construción.