Mércores, 26 Sep. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Convocatoria de prazas de Policía Local Temporal. Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

7637_policia-localSegue aberta a convocatoria para a selección de doce prazas de auxiliar de policía local no Concello de Nigrán. As prazas ten o carácter de persoal laboral temporal, por un período de dous meses e están dotadas coas retribucións contidas no orzamento municipal vixente no actual exercicio. A selección se realiza polo procedemento de oposición libre.

A Xunta abre convocatoria para proxectos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación

Correo-e Imprimir PDF

ticA Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica abre unha convocatoria de axudas para que empresas e asociacións empresariais de calquera sector económico e as específicas do sector  das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) presenten proxectos de carácter tecnolóxico en réxime de cooperación. Así se recolle nunha resolución que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. A concesión destas axudas contan co financiamento do 80% Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER, realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

Curso en Gondomar para traballar como caixeiro ou repoñedor en supermercados.

Correo-e Imprimir PDF
Drankrek_SmatchA OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Gondomar manterá aberto ata o vindeiro 4 de maio o prazo de inscrición para un curso de caixeiro e repoñedor de supermercado. O mesmo está dirixido aos mozos e mozas desempregados de entre 16 e 35 anos de idade e terá 90 horas de formación -30 delas prácticas- e celebrarase do 9 ao 27 de maio en horario de 9.30 a 13.30 horas de luns a venres. Máis información na OMIX de Gondomar, na Casa da Cultura, no teléfono 986 369 746 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Convocatoria de dúas Bolsas en réxime de concorrencia competitiva para Enxeñeiros Técnicos Agrícolas

Correo-e Imprimir PDF
racimo_uvaA Deputación de Pontevedra convoca a dúas Bolsas dirixidas a Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, en réxime de concorrencia competitiva, co destino ao Servizo de Medio Natural. A función destes cargos serán tarefas de investigación e colaboración, co fin de mellorar e prestar asistencia técnica en materia de viticultura e horta, das plantacións de viñedos e cultivos da provincia. As bases do chamado atópanse no Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra Nº56 do martes 22 de marzo de 2011.

Abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño Autocad en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaDende hoxe e ata o vindeiro 14 de abril están abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño técnico Autocad organizado pola Concellería de Xuventude de Gondomar. O curso, de 40 horas de duración, terá lugar do 25 de abril ao 19 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas de luns a venres.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL