Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Val Miñor rula polo mundo en diante no novo disco de Iván Ferreiro.

O Val Miñor rula polo mundo en diante no novo disco de Iván Ferreiro.

Correo-e Imprimir PDF
ivan ferreiro

-O novo disco de Iván Ferreiro “Val Miñor - Madrid. Historia y cronología del mundo”, comeza a “rular” polo mundo en diante.

-Por primeira vez na carreira en solitario de Iván Ferreiro (Nigrán, 1970), o seu disco poderá adquirirse tamén en vinilo.

Presentación de Val Miñor-Madrid

Dim lights Embed Embed this video on your site

Val Miñor-Madrid, Historia e Cronoloxía do Mundo,  é  o sexto disco de Iván Ferreiro, xa nas rúas dende esta semana ,  pode atoparse en varios formatos: CD Box (con taboleiro de xogo e disco con 14 temas), LP (vinilo azul cd) e edición dixital.

A edición vinilo en cor azul contén 12 temas do mozo de Nigrán, e conta coa participación de Julieta Venegas (“Aliens vs Predator”), o trompetista Matthew Simon (Chainatown”, “Alien Vs Predator”, “Brazil” e “El Bosón de Higgs), o saxo de Ramon Marc Batallé e Marc Ros en palmas e coros.  O álbum tamén conta cunha edición especial cun cd con dúas bonus track.

"Alien vs Predator" Iván Ferreiro - Julieta Venegas

Dim lights Embed Embed this video on your site

Val Miñor - Madrid comeza a rular pola península.

Gravado no mes de xuño en Barcelona, Val Miñor-Madrid, Historia e Cronología del Mundo, comeza a rular nunha serie de concertos de Iván que comezarán na Sala RAZZMATAZZ 2 (Barcelona) o vindeiro 25 de outubro. O concerto máis preto do Val terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o 15 de novembro. As cidades de Madrid, Valladolid, Ciudad Real e Bilbao, tamén serán escenario da presentación do disco.

"El dormilón" Video clip oficial

Dim lights Embed Embed this video on your site

Os músicos

Ademais da participación de Iván Ferreiro  en voz e  teclados, o disco conta coa participación dunha banda integrada polo seu irmán Amaro Ferreiro (guitarras, coros e palmas), Pablo Novoa (piano, Rhodes y Hammond),  o ex Golpes Bajos, Emilio Saiz (guitarras), Ricky Falkner  (baixo, guitarras acústicas, teclados, percusión e coros),  Xavi Molero  ( batería )e  Santos Berrocal  (percusión).

"Pájaro azul"

Dim lights Embed Embed this video on your site