Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Participa no sorteo de 2 entradas dobres para ir ao festival Son de Vigo

Participa no sorteo de 2 entradas dobres para ir ao festival Son de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Participa no sorteo de 2 entradas dobres para os concertos do 6 de agosto en Castrelos

Valminor.info sortea, por cortesía da organización do festival Son de Vigo,  2 entradas dobres para os concertos de RAGDOG, MIGUEL COSTAS, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS e IVAN FERREIRO o próximo 6 de agosto ás 22:30h no auditorio de Castrelos en Vigo.

O Festival Son de Vigo é un espazo propio e relevante para a música feita en Vigo dentro das festas de verán do 3 ao 6 de agosto. A iniciativa parte da Alcaldía e da Concellería de Cultura e Festas de Vigo. Os artistas e grupos participantes son: El Puto Coke, Wöyza, Leo i Arremecaghona, Alféizar, Amaro Ferreiro, Abraham Boba, Ragdog, Miguel Costas,  Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro. Os escenarios: a Praza da Constitución do 3 ao 5 de agosto e o Auditorio de Castrelos o sábado 6 de agosto.

Se tes unha conta en Facebook, faite siareiro de Valminor.info en Facebook e participa >> AQUI << no sorteo de 2 entradas dobles para asistir aos concertos do festival Son de Vigo o próximo sábado 6 de agosto ás 22:30h no auditorio de Castrelos para poder ver en directo a RAGDOG, MIGUEL COSTAS, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS e IVÁN FERREIRO.

Lembra, visita a páxina do sorteo e pulsa na foto ou no botón verde que pon PARTICIPA

Maís información so festival Son de Vigo aquí www.facebook.com/sondevigo ou no blog www.sondevigo.wordpress.com