Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Iván Ferreiro porá o broche d'ouro cun concerto no Día do Turista de Baiona

Iván Ferreiro porá o broche d'ouro cun concerto no Día do Turista de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Iván Ferreiro

A Concellaría de Turismo de Baiona ultima os preparativos para a celebración da 8ª edición do Día do Turista, que terá lugar o vindeiro xoves 17 de agosto.

O nigranés Iván Ferreiro porá o broche douro cun concerto na Praza do Concello

 

Baiona celebra esta festividades Baiona en agradecemento aos turistas e visitantes que ano tras ano nos visitan a vila. A partid desa idea naceu a celebración, na que non esquecen aos veciños e veciñas de Baiona, que coa súa calorosa acollida, contribúen a que os seus visitantes se "sintan como en casa". Para todos eles, ao longo deste día, desenvolverase unha completa xornada de actividades gratuítas, tales como, visitas guiadas, rutas ambientais, animación para os máis pequenos, a xira marítima pola baía, pechando a noite cunha Gran Queimada.

Outra vez disputarase o 6ª ?Torneo de Fútbol 7, Turistas Vs Residentes pero este ano en horario de mañá. No Paseo Ribeira, os máis pequenos poderán divertirse todo o día, participando nos talleres ou xogando nos inchables terminando a tarde coa festa da espuma.

Pola noite, na Praza do Concello, terá lugar a actuación do cantante galego Iván Ferreiro, antigo compoñente da lexendaria banda "Los Piratas".

Despois da actuación, pecharase a noite coa realización do esconxuro da queimada, a cargo de Mariano, concluíndo esta xornada coa degustación gratuíta desta tradicional bebida galega.

Para participar nas visitas guiadas, rutas ambientais, xira marítima pola baía e torneo de fútbol é imprescindible a inscrición previa na Oficina de Turismo a partir do sábado, 11 de agosto, en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas. As prazas son limitadas e realizaranse por orde de chegada.