Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Val Miñor - Madrid chega a Vigo na maleta de viaxe de Iván Ferreiro

Val Miñor - Madrid chega a Vigo na maleta de viaxe de Iván Ferreiro

Correo-e Imprimir PDF
ivan ferreiro

O novo disco de Iván Ferreiro “Val Miñor - Madrid. Historia y cronología del mundo”, soará o próximo 13 de febreiro no teatro García Barbón de Vigo.

Inventar un mundo leva tempo. Quizais o mesmo que deixar que o Mundo te invente para si mesmo.

Isto é o que pasou con Iván Ferreiro nos tres anos desde o seu último traballo en estudo. El viviu un Globo. Un proceso. Unha historia. Viaxe.

Desde a disolución dos Piratas fai anos, Iván Ferreiro non ten présa. El é un artista que deixa a música mande e as cancións flúan, que se deixen compoñer, que collan forma e tracen o seu propio camiño para contar a mellor historia. E Val Miñor -Madrid , Historia e Cronología del Mundo é unha nova serie que conta a xénese e o proceso dun novo mundo que creceu aos ollos do cantante vigués.  Ao redor . Dentro e fóra.

Nunca hai que forzar o crecemento, e Iván sábeo ben. Polo tanto, este novo álbum de estudo é unha viaxe a través dos seus últimos tres anos. 12 pistas (14 na edición especial do álbum, que inclúe tamén un xogo, cunha placa e un libreto coa historia do mundo contada por el mesmo) cos que establecemos contacto con Iván Ferreiro chegado doutro planeta. O seu traballo máis maduro, máis persoal , máis cósmico , máis brincallón , máis tripeiro, máis narrativo. ...

Un disco é un mundo Un novo disco, un novo mundo.

Ademais da participación de Iván Ferreiro  en voz e  teclados, o disco conta coa participación dunha banda integrada polo seu irmán Amaro Ferreiro (guitarras, coros e palmas), Pablo Novoa (piano, Rhodes y Hammond),  o ex Golpes Bajos, Emilio Saiz (guitarras), Ricky Falkner  (baixo, guitarras acústicas, teclados, percusión e coros),  Xavi Molero  ( batería ) e  Santos Berrocal  (percusión).

Este novo disco de Iván Ferreiro poderás descubrilo o próximo xoves 13 de febreiro ás 20:30h no teatro García Barbón. Prezo da entrada 17€ máis gastos de xestión, e xa está á venda na web de Servinova de NovaGalicia Banco.

A incógnita agora está en saber si haberá oportunidade de escoitar aos irmáns Ferreiro en directo con este disco no Val Miñor. Quizais unha sesión desenchufada nunha cala perdida de Monteferro ou Montelourido sería un esceario perfecto para escoitar Val Miñor - Madrid no seu punto de partida :)

 

Presentación de Val Miñor-Madrid

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

"Alien vs Predator" Iván Ferreiro - Julieta Venegas

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

"El dormilón" Video clip oficial

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

"Pájaro azul"

Dim lights Embed Embed this video on your site

I