No marco do Ciclo de Conferencias do Verán organizado pola Concellaría de Cultura de Baiona, este xoves 9 de xullo ás 20:30 horas terá lugar o coloquio "Identidade, tradición e modernidade. O universalismo da cultura galega", a cargo de Carlos Méixome, historiador e director do Instituto de Estudos Miñoranos . O faladoiro se desenvolverá nas instalacións da Capitanía Marítima de Baiona con entrada libre.
Axenda do Val Miñor
Os Cotos de Chaín, novo destino das Xeiras do IEM.
O vindeiro mércores 8 de xullo terá lugar a Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos "Os cotos de Chaín". O percorrido contará coa guía das profesoras Pura González Martínez e Margarita Miramontes, autoras dun estudo sobre o enclave publicado nos Cadernos do IEM . O punto de encontro será na, Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo, Gondomar) ás 18 horas.
Música, circo, motos e sardiñadas na fin de semana estival de #Nigrán.
O Concello de Nigrán presenta unha serie de eventos de ocio e culturais que contan coa colaboración desta administración. Os mesmos desenvolveranse ao longo desta fin de semana, comezando coa actuación do grupo Sam Rockers este sábado 4 de xullo ás 19:30 horas no Paseo Marítimo de Panxón. Os músicos, veciños do municipio presentarán no concerto o seu último traballo con versións de pop –rock clásico.
O venres Mañufe acollerá a IV Xuntanza Folclórica
Os conxuntos de música traqdicional das parroquias de Vincios, Pinzás e Morgadáns xunto cos Romanteleiros locais darán lume á IV Xuntanza Folclórica de Mañufe. A festa contará tamén coa animación do grupo de baile e gaitas Fíbulas-Swaroskys. Organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, a cita será a partir das 21 horas do vindeiro venres 3 de xullo no torreiro parroquial.
Castro e Ladeira organiza unha xornada benéfica en Sabarís
O vindeiro venres 3 de xullo a partir das 9 da noite, a asociación veciñal Castro e Ladeira organiza dentro do Mercado de Sabaris, un festival solidario para recadar alimentos para doar o banco de alimentos de Vigo. Na velada actuarán o monologuista Fredi Cruxer e o humorista Somoza. Para acceder e necesario levar alimentos non perecedoiros.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL