Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Música, circo, motos e sardiñadas na fin de semana estival de #Nigrán.

Música, circo, motos e sardiñadas na fin de semana estival de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
sam-rockers

O Concello de Nigrán presenta unha serie de eventos de ocio e culturais que contan coa colaboración desta administración. Os mesmos desenvolveranse ao longo desta fin de semana, comezando coa actuación do grupo Sam Rockers este sábado 4 de xullo ás 19:30 horas no Paseo Marítimo de Panxón. Os músicos, veciños do municipio presentarán no concerto o seu último traballo con versións de pop –rock clásico.


Tamén no Lourido estará en escena a prestixiosa "La Fiesta Escénica" durante a fin de semana. O sábado os amantes das motos poderán participar dunha concentración motera en Camos con asistencia de representantes do pais e outras comunidades. O evento desenvolverase durante todo o día.
Finalmente o domingo 4 de xullo terá lugar unha gran sardiñada en Monteferro organizada pola comunidade de montes en man común da localidade.
O alcaldía de Nigrán anuncia que o vindeiro luns 6 de xullo ás 13 horas terá lugar a presentación oficial de todo o calendario cultural do verán 2015.