Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O venres Mañufe acollerá a IV Xuntanza Folclórica

O venres Mañufe acollerá a IV Xuntanza Folclórica

Correo-e Imprimir PDF
centro-cultural-manhufe

Os conxuntos de música traqdicional das parroquias de Vincios, Pinzás e Morgadáns xunto cos Romanteleiros locais darán lume á IV Xuntanza Folclórica de Mañufe. A festa contará tamén coa animación do grupo de baile e gaitas Fíbulas-Swaroskys. Organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, a cita será a partir das 21 horas do vindeiro venres 3 de xullo no torreiro parroquial.


Xunto cos Romanteleiros de Mañufe, actuarán o Grupo de Música Tradicional do Centro Cultural de Vincios, o Grupo Infantil Airiños Novos de Pinzás, e o Grupo Balcón do Val Miñor de Morgadáns. A comisión organizadora preparará pinchos e bocadillos a prezos populares.