Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O IGADI colaborará na proxección do MERCOSUR en China

O IGADI colaborará na proxección do MERCOSUR en China

Correo-e Imprimir PDF
Bandera del Mercosur
A través dun acordo asinado recentemente, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), entidade galega especializada en relacións internacionais, contribuirá, no marco do MERCOSUR, a favorecer as políticas de aproximación a Asia, en especial ao establecemento de pontes entre ambos continentes que permitan lograr unha integración total, tanto no ámbito económico, como político, social, tecnolóxico e cultural.

O acordo asinado entre Mercosur e IGADI contempla a promoción de investigacións en áreas de interese común e o desenvolvemento de iniciativas de interese conxunto que favorezan os intercambios entre os países do Mercosur e os asiáticos. Tamén inclúe o apoio a profesores, investigadores e estudantes interesados en temas relacionados coa integración.
No acordo tamén se explicita o recoñecemento da larga traxectoria de estudo do IGADI nos problemas asiáticos, en especial do mundo chinés, e tamén dos problemas ligados á integración latinoamericana. Desde Galicia e co apoio de Casa Asia, o IGADI, xestiona o Observatorio español da Política Chinesa e a Rede Iberoamericana de Sinoloxía. 

http://www.igadi.org/