Xoves, 8 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Esquerda Unida esixe a retirada de pintadas da Falange que se amosan en varios edificios de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pintada-falange-1Esquerda Unida de Gondomar presentará unha nota ante o Concello solicitando a limpeza das fachadas de edificios céntricos con pintadas da Falange. A agrupación entende que as mesmas "danan a sensibilidade de moitos dos cidadáns que ata o de agora gardamos silencio ante os feitos acontecidos".

Un ano de cárcere para os tres mozos que roubaron dous micros e unha plastificadora nun colexio de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Colexio Chano Piñeiro de Gondomar - CC BYOs tres mozos que admitiron o roubo de diversos obxectos do colexio Chano Piñeiro acpetaron a  condea de un ano de cárcere imposta polo titular do Xulgado Penal Nº 1 de Vigo.

Os mesmos autores admitiron que forzaron a entrada do centro de ensino o pasado 17 de agosto de 2011, e posteriormente roubaron dous micrófonos e unha plastificadora da aula de audiovisual, polos que acadaron na venda de segunda man, 16 e 24 euros respectivamente.

O fiscal pide a mesma pena para outros dous amigos, que prestaron o seu DNI para vender os obxectos roubados aos que acusa de encubrimento, aínda que ambos aseguraron que descoñecían que se tratase de mercancía roubada.

Eladio Costas (PP): A maioría dos concelleiros de goberno de Gondomar son “sumisos asalariados”.

Correo-e Imprimir PDF

manuel-copena-eladio-costasEladio Costas (PP) accedeu a unha entrevista con Gondomar.tv na que criticou duramente ao alcalde Fernando Guitián (PP) e mais o seu equipo de goberno aos que cualificou de “sumisos asalariados”. O ex tenente de alcalde admitiu que no 2012 Gondomar perdeu case 2 millóns de euros en subvencións por fallas na xestión do bipartito (PP-CDL) e recoñeceu que renunciou porque ao equipo de Guitián lle faltan “trabajo, ilusión y ganas”.

Gondomar adhírese ao servizo de recollida de animais domésticos da Deputación de Pontevedra

Correo-e Imprimir PDF

Refuxio de Armenteira - Imaxe Diputación PontevedraO servizo será ofrecido pola empresa pública Tragsa

As solicitudes deberán remitirse á Concellaría de Medio, ou no seu defecto á Policía Local

Derrube parcial do teito do Auditorio Lois Tobío de Gondomar por mor das choivas e o vandalismo.

Correo-e Imprimir PDF

 

teito-conservatorio-gondomaO concelleiro de Vías e Obras de Gondomar, Jesús Salgueiro, denuncia que a construción estaba deteriorada por actos vandálicos acontecidos días atrás, o que sumado as fortes choivas provocaron que unha parte do teito se derrubase causando danos e inundacións no interior da aula do Conservatorio.

Veciños de Vilaza obteñen da Xunta a validación de 8 licenzas outorgadas polo ex alcalde Carlos Silva.

Correo-e Imprimir PDF

fernando-guitian-alcaldiaA Xunta valida 8 licenzas outorgadas polo Concello de Gondomar en Vilaza entre os anos 2006 e 2007.

-Así o recoñecía Fernando Guitián despois de manter unha reunión coa directora do organismo autonómico

- A APLU abría expediente, en outubro do pasado ano, contra seis chalés e dúas parcelacións por considerar que se encontraban en chan rústico

O goberno en minoría de Gondomar debe abortar outra vez o pleno ante as pitadas dos preferentistas.

Correo-e Imprimir PDF

preferente-pleno"Por favor señores, deixen facer o pleno", foron as únicas palabras que puideron escoitarse do alcalde popular Fernando Guitián, antes de que fixera o ademán de que o mesmo remataba. A pitada e os gritos da Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes foi a única protagonista dun pleno que non durou nin 5 minutos. Apenas o rexedor dispuxo a orde do día e deu a palabra aos concelleiros que quixeran intervir, foron os preferentistas os que comezaron a falar anunciando que mentres non se solucione o tema da devolución dos seus aforros no permitirán a celebración dos plenos.

Ferido por disparo un mozo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Os feitos ocorreron nun portal da rúa Emigrante. Foto - Gondomar.tv
Un mozo foi ferido ao redor das oito desta tarde en Gondomar. O autor do disparo deuse á fuga nun coche mentres Garda Civil e Policía manteñen o cerco.

.

Os feitos ocorreron hoxe sobre as oito da tarde no número 12 da rúa Emigrante. O mozo resultou ferido por unha bala de pequeno calibre, presumiblemente unha carabina.

Frustrada sesión do pleno de Gondomar sobre a problemática das preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

image 1364204511588024
Suspéndese o Pleno de Gondomar até o mércores 27 de marzo ás 20 horas. A oposición e os veciños afectados polas preferentes cuestionaron ao alcalde Fernando Gutián por fixar o comezo da sesión deste luns ás 9 horas. Horario que impediu a presenza dos traballadores que en nome da plataforma estaban anotados para intervir ao comezo do pleno. Os cinco concelleiros non adscritos pertencentes a ANOVA e o tenente de alcalde Eladio Costas (PP) abandonaron a mesa do pleno. Finalmente, o alcalde Fernando Gutián consensuou co resto da oposición presente e a plataforma o

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL