- Fernando Guitián sostivo unha reunión coas empresas na que tamén demandou a resolución do "conflito de competencias" polo que os autobuses de ATSA non entran en Gondomar deixando os pasaxeiros en Mañufe.
-Na xuntanza, o rexedor trasladou o seu rexeitamento fronte á redución de liñas planificada polas empresas.
O Concello de Gondomar non aceptará a redución de liñas proposta polas empresas Melytour e ATSA e formula un acordo entre ambas as dúas para compartir horarios. Así reiterouno o alcalde do municipio, Fernando Guitián, nunha reunión mantida co Director Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Miguel Rodríguez Bugarín, e representantes de ambas as dúas empresas de transporte.
Gondomar
O alcalde de Gondomar esixe a Melytour e ATSA que acorden itinerarios e eviten a supresión de liñas.
O río Zamáns segue a soportar vertidos incontrolados de entullo e lixo.
-Unha limpeza de 200 metros organizada polo Proxecto Ríos recolleu máis dunha tonelada de lixo da canle e beiras do Zamáns nunha xornada de voluntariado desenvolvida o domingo pasado.
-Os voluntarios detectaron no Pego Negro a permanencia dun entullo de terra e pedra de grandes dimensións que leva dous anos no enclave.
O BNG presenta unha moción para que o Concello de Gondomar esixa a retirada do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza.
O BNG acaba de propor ao Pleno do Concello que trate unha moción para esixir da Xunta de Galiza a retirada do documento de inicio do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza. A agrupación nacionalista que actualmente non conta con representantes na corporación, propón a elaboración dun novo plan "coa participación e consenso dos axentes que deben forman parte do Consello Galego da Minaría, como marca a Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galiza". Ao mesmo tempo nesta moción proponse tamén prohibir a extracción de minerais metálicos polo sistema de ceo aberto, "eliminando completamente o uso de cianuro ou substancias perigosas que poñan en risco a saúde ambiental e das persoas", así como as técnicas de "fracking", en todo o territorio galego, incluída a plataforma continental.
O fiscal Carlos Varela adianta en Gondomar, aspectos do proxecto co que intenta combater a “corrupción sistémica”.
Sen caer na creación de novas estruturas burocráticas, pero coa propia administración de xustiza como alicerce, nomeadamente o Consello de Contas, o fiscal Carlos Varela propón a creación dun proxecto para combater a "corrupción sistémica" a través de planes de prevención nas administracións públicas, a revisión dos instrumentos xudiciais que enlentecen os procesos e a formación cidadá. Esta última, como peza clave para desterrar estas prácticas na vida social.
Eladio Costas afonda diferenzas co alcalde e cualifica a súa xestión como despótica.
O ex tenente de alcalde de Gondomar Eladio Costas (PP) séntese vítima dunha política de “secretismo” e “ocultismo”, que segundo afirma, practicara o alcalde Fernando Guitián para con el durante a convivencia no goberno. Nunha conversación con esta Redacción, Costas asegurou que no bipartito (PP-CDL) non existe o traballo en equipo. No transcurso deste mércores, o aínda concelleiro popular, achegou por escrito a súa opinión destes dous anos de goberno municipal, na que cualifica de “desgoberno” e “despotismo” a xestión do rexedor.
O Pleno de Gondomar pide a Augas de Galicia a paralización da construción do polémico tanque de tormentas.
-O goberno de Gondomar divídese e perde a votación pola abstención dos socios do CDL e o voto contrario ao alcalde do ex tenente de alcaldía Eladio Costas (PP).
-A moción foi presentada polos concelleiros nacionalistas e apoiada polo PSOE, IXG e máis o popular Eladio Costas.
As protestas dos preferentisas desaloxan tres días á semana aos funcionarios do Concello de Gondomar.
Luns, mércores e venres de 10 a 12 horas as oficinas da casa consistorial de Gondomar quedan baleiras. Agás o axente de quenda na policía local, o resto do persoal do Concello se retira das instalación. O motivo atópase nas protestas que con bocinas e pitadas desenvolven os membros da Plataforma Gondomar de Afectados polas Preferentes e Subordinadas.
O Proxecto Ríos e A Groba convocan voluntarios para unha limpeza do Río Zamáns entre Vilaza e Vincios.
O vindeiro domingo 16 de xuño as dez da mañá, voluntarios de Proxecto Ríos e da asociación ecoloxista A groba farán unha xuntanza común co fin de chamar a atención do estado dos ríos. Neste caso a intervención farase nun treito determinado do curso medio do río Zamáns entre Vilaza, Chaín e Vincios. Realizarase unha limpeza dunha zona moi concreta de alto valor ecolóxico e etnográfico que leva moitos anos maltratada con entullos e que serve, nalgúns casos, de vertedoiro incontrolado de innumerables residuos.
Convócase a veciñanza e a tódalas persoas sensibles co medio ambiente. Tódolos interesados poderán informarse desta actividade chamando o teléfono 627 27 68 16
A polémica pola fosa séptica de Gondomar chega ao parlamento e mobiliza á veciñanza
A preocupación polo impacto ambiental da fosa séptica que se está a construír nas beiras do Río Miñor en Gondomar e as súas consecuencias para os veciños aterra no parlamento de Galicia. A deputada Eva Solla (Alternativa Galega de Esquerda) presentou unha serie de preguntas ao respecto que o goberno da Xunta deberá responder de forma oral en comisión parlamentaria. A todo isto, unha plataforma de veciños de Gondomar afectados pola obra convocan a unha concentración para este mércores 5 de xuño no Centro de Saúde ás 21 horas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL