Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Pleno de Gondomar pide a Augas de Galicia a paralización da construción do polémico tanque de tormentas.

O Pleno de Gondomar pide a Augas de Galicia a paralización da construción do polémico tanque de tormentas.

Correo-e Imprimir PDF
pleno gondomar

-O goberno de Gondomar divídese e perde a votación pola abstención dos socios do CDL e o voto contrario ao alcalde do ex tenente de alcaldía Eladio Costas (PP).
-A moción foi presentada polos concelleiros nacionalistas e apoiada polo PSOE, IXG e máis o popular Eladio Costas.

O Pleno de Gondomar aprobou por maioría un acordo no que insta ao goberno municipal a solicitar a revisión do proxecto do saneamento que inclúe a construción do polémico tanque de tormentas. Nese senso, os concelleiros nacionalistas (non adscritos), que presentaron a iniciativa, esixen ao alcalde Fernando Guitián (PP) que non "garde nun caixón" a resolución e tramite ante a Xunta de Galicia e Augas de Galicia a revisión do mesmo así como a paralización das obras que se están a desenvolver fronte á urbanización "As Garzas".
O acordo, sinala a pescuda dun lugar alternativo para a construción do tanque, "afastado das vivendas e sen posibilidade de vertido de sobrante ao Río Miñor". Tamén o aproveitamento dos case 3.5 millóns de euros de orzamento para revisar a totalidade do sistema de saneamento e a seu axeitamento.
O gobernante Partido Popular quedou en minoría pola abstención do CDL e o voto negativo de Eladio Costas(PP). O acordo foi apoiado polos 4 edís nacionalistas presentes, os 2 do PSOE, e máis o voto de Manuel Gómez (IXG) e o xa mencionado concelleiro díscolo do PP.