Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A polémica pola fosa séptica de Gondomar chega ao parlamento e mobiliza á veciñanza

A polémica pola fosa séptica de Gondomar chega ao parlamento e mobiliza á veciñanza

Correo-e Imprimir PDF
fosa-septica-gondomar

A preocupación polo impacto ambiental da fosa séptica que se está a construír nas beiras do Río Miñor en Gondomar e as súas consecuencias para os veciños aterra no parlamento de Galicia. A deputada Eva Solla (Alternativa Galega de Esquerda) presentou unha serie de preguntas ao respecto que o goberno da Xunta deberá responder de forma oral en comisión parlamentaria. A todo isto, unha plataforma de veciños de Gondomar afectados pola obra convocan a unha concentración para este mércores 5 de xuño no Centro de Saúde ás 21 horas.

A mobilización veciñal e parlamentaria ten por orixe unhas obras de desterre nunha zona verde de protección da ribeira do río Miñor, no casco urbano de Gondomar, fronte mesmo a urbanización "As Garzas". Ditas obras teñen coma finalidade a suposta construción dun "tanque de tormentas" para recollida de augas pluviais. Intervención que fóra denunciada días atrás pola asociación ecoloxista "A Groba" polo seu "grave impacto ambiental".
A deputada Eva Solla afirma no escrito presentado na Xunta que é "coñecido o mal plantexamento da EDAR que trata as augas do municipio". Nese senso, sinala que "cabe pensar que poida existir un perigo de contaminación e salubridade ao chegar estas augas ao tanque", co engadido da limpeza dos filtros e instalacións que precisará "tendo en conta a proximidade das vivendas".
Por outra banda, Solla sinala que dito tanque viría acompañado dunha estación de bombeo en superficie, cunha construción de "alomenos tres metros de altura e 340m2 en palabras do alcalde de Gondomar".

Dim lights Embed Embed this video on your site


A deputada de AGE pregunta "Cal é o impacto medioambiental" da instalación. "Qué pasará cos veciños" da zona, especialmente da urbanización "As Garzas", debido "á proximidade do emprazamento do proxecto?" Agrega se a Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia poden asegurar ca instalación "non vai conter en ningún momento augas fecais nin producir cheiros derivados do problema". Finalmente a deputada enquire como pensa solventar a sobrecarga que deberá soportar a depuradora de Gondomar "a cal, a día de hoxe, non realiza os proceso de depuración e tratamento de augas residuais correctamente?"
As consultas están acompañades dun pedido do Estudo de Impacto Ambiental da construción, así como o proxecto técnico e de execución da obra.
Concentración veciñal: " A merda fóra!"
Baixo o lema "A merda fóra!. Gondomar esperta!", os veciños que acaban de conformar unha plataforma de afectados realizará unha concentración informativa este mércores 5 de xuño, ás 21 horas ás portas do Centro de Saúde de Gondomar.