Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Informe dos ecoloxistas de A Groba cualifica como “moi grave” o impacto ambiental da fosa séptica que se constrúe en Gondomar.

Informe dos ecoloxistas de A Groba cualifica como “moi grave” o impacto ambiental da fosa séptica que se constrúe en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
depuradora asgarzas

A Asociación ecoloxista A Groba denuncia nun informe que o funcionamento da fosa séptica que estase a construír nas beiras do río Miñor en Gondomar terá un grave impacto ambiental no enclave. O colectivo sinala que a intervención, acometida por Augas de Galicia e o Concello de Gondomar, sitúase onde estaba previsto que partise o paseo peonil Gondomar – A Ramallosa, se elevará tres metros sobre a beirarrúa, ocupando un espazo verde público e de protección de ribeiras. Os ecoloxistas únense á convocatoria dos veciños da urbanización As Garzas para concorrer masivamente ao pleno municipal do 6 de xuño ca fin de amosar o rexeitamento ás obras.


O colectivo ecoloxista engade que a intervención acometerá a construción de tres depósitos de decantación que encherá de malos olores a zona polo menos durante o proceso de baleirado. Por riba denuncian que afectará á xa deteriorada vexetación e o bosque da ribeira "estragando o leito do río" desde dous quilómetros atrás. Especialmente preocupa A Groba, a situación da calidade das augas, que ata de agora "discurren limpas ata a altura da depuradora" municipal. Pregúntanse "que vai pasar nas enchentes cando desborda o río?", e "que vai ocorrer a cotío cando a depuradora non dea evacuado toda a auga do tanque?"
A Groba responsabiliza ao Concello de Gondomar, a Consellaría de Medio Ämbiente e Augas de Galicia por acometer a obra sen dar información pública e por atentar contra a normativa de causes fluviais. Agregan que a intervención estase a desenvolver con permisos do ano 2010 "de costas á oposición política do Concello" para solucionar os problemas da depuradora de Gondomar que "datan do mesmo momento da súa construción", no ano 1997. Denuncian que a obra "Tenta solucionar un problema creando outro igual de grave!. Gástanse 3 millóns de euros dos que o 70% son fondos europeos".
Como xa informara Valminor.info, hai previsto outras obras semellantes noutras zonas de Gondomar. " Todo parches en vez de dimensionar a depuradora municipal como corresponde!", sinalan desde A Groba.