Venres, 14 Aug. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar A parroquia de Vilaza tamén terá o seu propio tanque de tormentas para conter o caudal de augas fecais

A parroquia de Vilaza tamén terá o seu propio tanque de tormentas para conter o caudal de augas fecais

Correo-e Imprimir PDF
Vista de Vilaza - Gondomar

O proxecto figura na páxina web dunha das empresas de enxeñería que participan no proxecto e que tería a mesma superficie que o tanque de tormentas construído no centro de Gondomar de 1000m3.

Veciños e ecoloxistas fan un chamamento para acudir ao próximo pleno do 6 de xuño onde se tratará o tema.

O 17 xuño de 2011 o DOG facía pública a resolucuión pola que se anunciaba a licitación polo trámite ordinario e procedemento aberto para a execución , entre outros, das obras para " a adecuación da rede de saneamento no concello de Gondomar (Pontevedra)."  con número de expediente: OH.336.938. que conta cun orzamento base de licitación de 3.490.314,31 euros. cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70% e cun prazo de execución de trinta e seis (36).

Dentro deste proxecto entrarían os citados tanques de tormentas de Gondomar, en fase de construcción, e un segundo tanque de tormentas que iría situado na parroquia de Vilaza. 

A páxina web de Diagrama Ingeniería S.L. así o recolle na súa web na descripción do proxecto técnico a executar en Gondomar con cargo ao expediente OH.336.938 "La obra consiste en la sustitución del colector principal de saneamiento que discurre actualmente por el cauce del Río Zamans y por el del Río Miñor y va desde la parte baja del núcleo de Vilaza, hasta la entrada a la depuradora. Para solucionar los problemas actuales de exceso de caudal en la depuradora además de modificar el trazado del colector que discurre por el cauce de los ríos, se van a construir sendos tanques de tormentas, uno en Vilaza y otro en Gondomar." onde se dan conta dalgúns dos detalles técnicos da obra así como un plano do que será a infraestructura a construir.