Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Finalmente será soterrado o polémico tanque de tormentas de Gondomar sobre o río Miñor.

Finalmente será soterrado o polémico tanque de tormentas de Gondomar sobre o río Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
fosa-septica-gondomar

Finalmente será soterrado o polémico tanque de tormentas aberto por Augas de Galicia sobre o río Miñor a carón do edificio "As Garzas" na rúa Curros Enríquez, no centro de Gondomar.
As protestas veciñais pola afectación medio ambiental da infraestrutura foron atendidas pola nova corporación do socialista Francisco Ferreira, quen concorrerá persoalmente a supervisar os traballos o vindeiro venres.

O aterramento terá lugar ás 11 horas, segundo dá conta un comunicado da corporación. A operación realizarase coa loxística do Concello, pala, desbrozadoras e 8 operarios, todo baixo a vixilancia do capataz de obras municipal.

Informan que asistirá a Corporación municipal de Gondomar encabezada polo Alcalde Francisco Ferreira e a Concelleira de Obras e Infraestruturas Iria Lamas.