Xoves, 8 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

A publicación da detención por tráfico de drogas dun veciño de Gondomar, perxudica a outro veciño con similares inciais, idade e modelo de coche.

Correo-e Imprimir PDF

Fabián Dopazo na súa perruquería en GondomarA noticia da detención dun mozo de Gondomar o pasado 21 de xullo en Silleiro xógalle unha mala pasada a Fabián, un perruqueiro veciño de Gondomar que coincide nas iniciais do nome, na idade, na poboación e no modelo de coche có detido.

O veciño afectado é propietario dunha perruquería en Gondomar, e o "run-run" e o boca a boca  está levando a este mozo de 31 anos a unha situación crítica no seu negocio, pola confusión que se está a espallar erróneamente por Gondomar atribuíndolle os feitos delitivos cometidos por outra persoa.

O goberno de Gondomar fai un balance positivo da mellora do subministro eléctrico no concello.

Correo-e Imprimir PDF

electrico-gondomar-O Concello soterrará o tendido eléctrico que discorre paralela ao río Miñor na zona urbana.

Transcorridos dous anos do seu mandato, o goberno de Gondomar presentou este martes un escrito co balance das obras de mantemento e melloras no subministro eléctrico do municipio desenvolvida neste período, tal “e como figuraba no programa electoral do rexedor Fernando Guitián e o seu equipo”, afirman. Nese senso, destaca a colocación de transformadores e reforzo de liñas nos barrios da Portavedra (Mañufe), A Mourisca (Chaín), así como a condución subterránea do tendido e  centro de transformación  en San Martiño (Borreiros). No mesmo escrito informa que estase a executar nestes momentos o mesmo traballo en Barcalla (Donas) e A Costa (Mañufe). A administración local engade que algúns destes proxectos “levaban paralizados máis de catro anos”.

Gondomar recibe 34 solicitudes de licenza de venda ambulante das 38 ofertadas para o mercado dos luns

Correo-e Imprimir PDF

-Unha vez sexan revisadas as solicitudes, outorgaranse as respectivas licenzas e reorganizarase o mercado
-Aqueles vendedores que exerzan a venda neste mercado e non solicitaran previamente a súa licenza deberán deixar de exercer a súa actividade no devandito mercado

O paseo pola beira do río Miñor prevía o asfaltado de 600 metros até Mañufe

Correo-e Imprimir PDF

MañufeO concelleiro Antonio Araúxo (ANOVA) denuncia a existencia dun proxecto do goberno bipartito (PP-CDL) de Gondomar para asfaltar 600 metros da beira do Río Miñor, á altura da Ponte de Mañufe cara á Ramallosa. O edil adianta que pedirá a súa paralización no vindeiro pleno e esixirá se retome o proxecto que el mesmo deixara rematado e con financiación cando fora alcalde de Gondomar en 2008. Proxecto que asegura, prevía unha intervención integral no enclave e sen afectación medioambiental.

Colisión entre un cabalo ceibe e un vehículo no Alto de San Antoniño en Couso.

Correo-e Imprimir PDF

sinal-animais-soltos-couso-O accidente deixou por saldo a morte do equino e o coche sinistrado, aínda que non se reportaron persoas con feridas de consideración.

-O cartel que alertaba da existencia de animais soltos neste punto foi “roubado” días atrás segundo denuncian veciños da zona.

- A Garda Civil trata de identificar o propietario do animal, e a concellaría de Medio Ambiente de Gondomar xa procedeu a retirar o cadáver do cabalo.

Gondomar artella un programa cara á redución do abandono escolar durante os meses de verán.

Correo-e Imprimir PDF

-As clases terán carácter gratuíto ca fin de servir como reforzo escolar destinado a mozos e mozas de ESO e Bacharelato.
- As solicitudes de inscrición poden presentarse no Concello ata o vindeiro sábado, 29 de xuño.

A deputada Eva Solla (AGE) reúnese coa plataforma de afectados “Merda fóra de Gondomar”.

Correo-e Imprimir PDF

eva-solla-merda-foraCatro membros da plataforma "Merda fóra de Gondomar" sostiveron una xuntanza coa deputada Eva Solla (AGE) para informar á representante da preocupación veciñal pola construción do tanque de tormentas fronte á urbanización As Garzas. Na mesma, integrantes de Esquerda Unida e EQUO, tamén achegaron ao colectivo o seu rexeitamento a esta construción nomeadamente polo que definiron como "opacidade informativa" por parte da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar.

Primeiro balance da Plataforma Gondomar de preferentistas tras o desaloxo “telefónico” do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

desaloxo-afectados“Hoxe o noso alcalde D. Fernando Guitián mandou ao xefe da policía local vía telefónica (xa que el non estaba no concello) desaloxar os afectados que levaban case 7 meses encerrados en dito concello”. Con este breve texto os membros da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas de Gondomar daban a coñecer este venres ao mediodía o que ocorría neses intres tras a negativa destes de suspender as pitadas no interior da casa consistorial.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL