-Co título “Dous anos perdidos”, ANOVA fai público un documento de valoración da xestión do goberno bipartito (PP-CDL) en Gondomar . O documento céntrase na xestión das concellarías de Economía e Facenda, Urbanismo, Vías e Obras e a de Medio Ambiente para concluír que “Gondomar ten un goberno municipal e un alcalde incapaces de dialogar coa sociedade a quen se debe”, e dirixido por un PP “encerellado nas súas leas internas”.
Gondomar
ANOVA: Gondomar está gobernado “por diferentes familias do PP” nunha “unión temporal de intereses”.
Setecentos metros cadrados de alfombras florais cubriron as rúas de Gondomar durante o Corpus.
Gondomar volveu ser fiel a unha das súas tradicións máis arraigadas, a celebración do Corpus Christi, amencendo este domingo cuberta de alfombras florais confeccionadas durante toda a noite polos propios veciños. En total foron 700, os metros cadrados cubertos por estes mantos florais.
Baixo o lema “quen contamina paga”, o goberno de Gondomar prepara unha nova ordenanza para a taxa de sumidoiros.
-O Concello de Gondomar recibe un inventario da súa rede de saneamento elaborado pola empresa Espina e Delfín, co obxectivo de coñecer o "estado das instalacións", tanto dos colectores coma das vivendas, "conectadas e non conectadas" do municipio
-Con estes datos como base, o grupo municipal anuncia que redactará unha ordenanza co fin de regular as conexións á rede e o pagamento da taxa de rede de sumidoiros
En medio da polémica desatada no municipio polas intervencións nas redes de saneamento, a alcaldía de Gondomar prepara unha nova ordenanza que regulará as conexións a rede así como o pagamento da taxa. Para iso, encargou un informe á empresa concesionaria Espina e Delfín, na que consta un inventario das "vivendas conectadas e non conectadas" á rede do concello.
Informe dos ecoloxistas de A Groba cualifica como “moi grave” o impacto ambiental da fosa séptica que se constrúe en Gondomar.
A Asociación ecoloxista A Groba denuncia nun informe que o funcionamento da fosa séptica que estase a construír nas beiras do río Miñor en Gondomar terá un grave impacto ambiental no enclave. O colectivo sinala que a intervención, acometida por Augas de Galicia e o Concello de Gondomar, sitúase onde estaba previsto que partise o paseo peonil Gondomar – A Ramallosa, se elevará tres metros sobre a beirarrúa, ocupando un espazo verde público e de protección de ribeiras. Os ecoloxistas únense á convocatoria dos veciños da urbanización As Garzas para concorrer masivamente ao pleno municipal do 6 de xuño ca fin de amosar o rexeitamento ás obras.
A parroquia de Vilaza tamén terá o seu propio tanque de tormentas para conter o caudal de augas fecais
O proxecto figura na páxina web dunha das empresas de enxeñería que participan no proxecto e que tería a mesma superficie que o tanque de tormentas construído no centro de Gondomar de 1000m3.
Veciños e ecoloxistas fan un chamamento para acudir ao próximo pleno do 6 de xuño onde se tratará o tema.
Gondomar busca donantes de flores para as alfombras do Corpus.
Os veciños de Gondomar que están a traballar arreo cara ás festividades do Corpus atópanse coa dificultade da falla dunha cantidade suficiente de flores. A falta de materia prima "podería levar consigo problemas á hora de confeccionar as alfombras", sinala o concelleiro de Cultura, Ingacio Troncoso, quen fai un chamado a todos aqueles veciños que teñan flores, para que colaboren coas agrupacións "que tan duramente están a traballar estes días para que todos poidamos gozar o domingo das tradicionais alfombras florais do Corpus".
Instalan trampas en Gondomar para controlar a praga do Picudo Vermello que afecta ás palmeiras.
- A Consellería de Medio Rural e o Concello de Gondomar instalan trampas en diversos puntos do termo municipal para o control da praga
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Camesella informa que o obxectivo é realizar capturas masivas deste insecto co fin de evitar a súa dispersión e poder erradicar a praga. Por outra parte, a concellería pretende que estas trampas permitirán detectar a presenza do Picudo en zonas nas que aínda non fose detectado.
O Concello de Gondomar retira dous semáforos da rúa Elduayen por inútiles.
Un dos semáforos retirados encontrábase no barrio de Fontán en Mañufe, en fronte do supermercado Froiz, e segundo a administración local " impedía a utilización dunha praza destinada ao aparcadoiro". O segundo, estaba situado na rotonda coa circunvalación á Avenida da Feira.
ANOVA esixe ao goberno de Gondomar que explique o da “fosa séptica” no centro da vila.
Antonio Araújo Quintas, en nome dos cinco concelleiros nacionalistas (ANOVA) de Gondomar esixe explicacións ao goberno local e Augas de Galicia sobre a fosa que se está a construír na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns á altura das vivendas de As Garzas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL