Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar retira dous semáforos da rúa Elduayen por inútiles.

O Concello de Gondomar retira dous semáforos da rúa Elduayen por inútiles.

Correo-e Imprimir PDF
rotonda avdafeira

Un dos semáforos retirados encontrábase no barrio de Fontán en Mañufe, en fronte do supermercado Froiz, e segundo a administración local " impedía a utilización dunha praza destinada ao aparcadoiro". O segundo, estaba situado na rotonda coa circunvalación á Avenida da Feira.

 

A administración local asegura que a retirada dos mesmos "non repercutirá na seguridade viaria", xa que ambos os dous "tan só dispoñían da función de ámbar intermitente e estaban inutilizados hai varios anos".

A actuación levouse a cabo pola Concellaría de Seguridade e Tráfico en colaboración con persoal de Vías e Obras do municipio.