- O horario será de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar
Gondomar
Gondomar abre o prazo de inscrición para o concurso-desfile do Entroido 2013
A recollida de lixo en Gondomar e o cobro da taxa respectiva pasará a mans do servizo provincial.
O vindeiro martes 15 de xaneiro o Pleno do Concello de Gondomar debaterá a pasaxe da xestión da recollida de lixo municipal ao servizo provincial ofrecido pola Deputación. O tema consta como único punto da Orde do Día proposto polo goberno municipal con maioría no Pleno, e solicita "a delegación no ORAL da xestión, inspección, liquidación, recadación, sanción, revisión dos actos e actuacións sobre a taxa polo servizo de recollida domiciliaria de lixo".
Ábrense inscricións para cursos oficiais de lingua galega no Concello de Gondomar
O Concello de Gondomar xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia informan que porán organizar cursos de diferentes niveis preparatorios para as probas oficias de CELGA 1,2, 3 ou 4 de lograrse a formación de 20 alumnos por curso. Polo cal abren inscricións ata o 23 de xaneiro no Centro de Desenvolvemento local de Gondomar (Avda. do Conde, s/n) en horario de oficina.
O XXXI Certame de Rondallas de Reis reunirá en Gondomar ás agrupacións máis destacas do sur de Pontevedra.
-As locais agrupacións de Vincios e Chaín serán as anfitrionas dun desfile que contará con 10 rondallas en representación de Vigo, Nigrán, Mos e Porriño.
-O desfile de rondallas comezará ás 10 horas da mañá de Reis en contará co tradicional "encontro de bandeiras".
-En caso de choiva o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes.
Nacionalistas denuncian como "inútil e absurdo" o gasto de 1.570€ para axendas de agasallo feita polo Concello de Gondomar.
O concelleiro Pauliño del Río denuncia como un "gasto inútil e absurdo" a compra de axendas 2013 para agasallos feita polo Concello de Gondomar. Nomeadamente, o edil nacionalista cuestiona que o goberno municipal gaste 1.570 euros a tal fin, cando o goberno local, entre outra reducións, baixou os investimentos municipais preto dun 90% nos orzamentos de Gondomar.
Gondomar renova as instalacións da súa estación de bombeo de augas residuais localizada en A torre-Chaín
-O importe desta actuación foi de 40.000 €, 32.000 € concedidos pola Xunta e 8.000 € aportados polo Concello
Afectados pola estafa das preferentes protagonizan unha sentada no interior do Concello de Gondomar
A estas horas, afectados pola "estafa das preferentes" no Val Miñor participan nunha sentada nas escaleiras do propio concello de Gondomar e non ceden na súa presión pública iniciada dende fai meses para solicitar a devolución dos seus aforros bloqueados pola entidade financieira.
Beiras e catro deputados de AGE pecharanse este xoves no caixeiro de NGB de Gondomar en solidariedade cos afectados polas preferentes.
Xosé Manuel Beiras manterá unha xuntanza cos afectados a partir das 22:30 e posteriormente poñerase ao dispor dos veciños que se acheguen ao caixeiro de NGB para escoitar e atender as demandas e opinións de persoas e colectivos.
- Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Manuel Fajardo, Antón Sánchez, Consuelo Martínez e Eva Solla- pasarán a noite do xoves ao venres cos afectados polas preferentes.
M
ANOVA fixo entrega formal dunha copia do PXOM de Gondomar á ELM de Morgadáns, que carecía da documentación.
-O órgano administrativo local carecía da información relativa ao futuro da parroquia en materia urbanística.
O vogal Xaime Luxilde (ANOVA) tivo que entregarlle á Entidade Local Menor de Morgadáns unha copia do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), pois esta carecía do devandito documento en fase de estudo para a súa aprobación inicial. Nin o Concello de Gondomar nin o gobernante Partido Popular, do que é membro o presidente da Entidade, Urbano Esmerode, tiñan informado nin achegado á parroquia, unha copia da documentación entregada o pasado venres 30 de novembro aos grupos políticos con representación no Pleno Municipal
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL