Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Ábrense inscricións para cursos oficiais de lingua galega no Concello de Gondomar

Ábrense inscricións para cursos oficiais de lingua galega no Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
galego

O Concello de Gondomar xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia informan que porán organizar cursos de diferentes niveis preparatorios para as probas oficias de CELGA 1,2, 3 ou 4 de lograrse a formación de 20 alumnos por curso. Polo cal abren inscricións ata o 23 de xaneiro no Centro de Desenvolvemento local de Gondomar (Avda. do Conde, s/n) en horario de oficina.

 

Estes cursos terán unha duración de 70 horas lectivas a iniciarse o vindeiro 15 de abril en horario de 19:00 a 21:30 horas.