O Pleno de Gondomar acaba de ser suspendido ante a irrupción no Auditorio Municipal dos membros da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas. Os pitos e berros da protesta comezaron cando ían 45 minutos de sesión. Ampliaremos en breve nun traballo conxunto con Gondomar.tv.
Gondomar
A berros e cornetas suspéndese o Pleno de Gondomar.
Os nacionalistas advirten que a construción dun muro á altura da escola vella agravará os problemas de asolagamento en Gondomar.
Os nacionalistas, agora integrantes da formación política a ANOVA, proporán a realización dun concurso de ideas para darlle unha solución eficiente ao problema dos asolagamentos na vila de Gondomar. Ao mesmo tempo, pedirá no vindeiro pleno ao goberno municipal a retirada do proxecto de construción dun muro de contención no Campo das Cercas, por entender que agravaría máis a situación.
O BNG reclamará ao Concello de Gondomar o seu apoio para unha lei que faga efectiva a xestión de residuos e o seu reciclaxe.
-O BNG reclama do Concello de Gondomar que inste á Xunta de Galiza a que financie proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe, que permitan a creación de emprego nas diferentes localidades
-O BNG tamén reclama do Concello que promova actuacións de prevención a través da educación ambiental e a implantación da compostaxe doméstica e comunitaria.
Finaliza a rolda de reunións do PXOM entre goberno e oposición en Gondomar.
-O alcalde Fernando Guitián (PP) trasladará ao equipo redactor as suxestións recollidas durante as xuntanzas cos grupos políticos para a corrección do documento inicial.
-O grupo municipal do PP asegura que segue aberto ao diálogo co obxectivo de acadar o consenso para levar adiante o Plan de Ordenación Municipal
Tirotean ao cámara de Gondomar.tv
O compañeiro Gondomar.tv , Pablo Banga, foi tiroteado onte cun arma de aire comprimido mentras facía fotos en Gondomar.
Até 8 balotes rozaron ao cámara sen que ningún deles chegase a alcanzalo.
Continúan as reposicións e limpezas das estacións de bombeo de augas residuais nas parroquias de Gondomar.
-A zona do Castro (Borreiros) conta con dúas bombas novas para a xestión de augas residuais dende o mércores pasado.
- Este mesmo día, tamén se procedeu a realizar unha limpeza de lodos na estación de bombeo da Torre en Chaín.
Dous novos colectores de lixo en Vilas (Morgadáns) alivian o percorrido diario dos veciños.
Os veciños de Vilas, na Entidade Local de Morgadáns, terán que camiñar 800 metros menos ao día para tirar o lixo. Ata de agora, os colectores máis próximos estaban a 400 metros, co correspondente percorrido de ida e volta. Dende o mércores pasado, dous colectores instalados polo Concello de Gondomar, alivian o esforzo dos veciños.
A Xunta de Galicia baixa á metade o orzamento destinado á construción do novo Centro de Saúde de Gondomar.
-O recorte sanitario chega a Gondomar . O novo orzamento da Xunta para o centro de saúde local rebaixa en máis dun millón de euros o convenio asinado en 2009 e remata sendo 600 mil euros inferior ao anunciado pola propia administración Feijoo en xullo de 2012.
-A nova cifra pon en dúbida as futuras infraestruturas que albergará o centro sanitario, que xa co anuncio da Xunta en 2012 baixaba nun 43% a superficie útil en comparación á proxectada en 2009 polo alcalde Antonio Araúxo e o goberno autonómico.
A Garda Civil aconsella aos veciños de Gondomar sobre posibles situacións de risco
Non vaia ao banco os mesmos días de cada mes. Reparta as visitas aos caixeiros en distintas xornadas. En ambos os dous caos acompañado doutra persoa de ser posible, sobre todo no caso de persoas maiores. Estes son algúns dos consellos preventivos que a Garda Civil deu a representantes das comisións veciñais de Gondomar, nunha reunión mantida onte na que participaron tamén o alcalde Fernando Guitián e o xefe da policía local.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL