Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Dous novos colectores de lixo en Vilas (Morgadáns) alivian o percorrido diario dos veciños.

Dous novos colectores de lixo en Vilas (Morgadáns) alivian o percorrido diario dos veciños.

Correo-e Imprimir PDF
colectores-lixo-vilas

Os veciños de Vilas, na Entidade Local de Morgadáns, terán que camiñar 800 metros menos ao día para tirar o lixo. Ata de agora, os colectores máis próximos estaban a 400 metros, co correspondente percorrido de ida e volta. Dende o mércores pasado, dous colectores instalados polo Concello de Gondomar, alivian o esforzo dos veciños.

 

O concelleiro responsable de Vías e Obras, Jesús Salgueiro, asegurou que a instalación responde ás peticións formuladas polos veciños de Vilas e ao pulo que o goberno municipal quere dar "ás boas prácticas ambientais".