Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Tirotean ao cámara de Gondomar.tv

Tirotean ao cámara de Gondomar.tv

Correo-e Imprimir PDF
Pablo Banga, cámara de Gondomar.TV

O compañeiro Gondomar.tv , Pablo Banga, foi tiroteado onte cun arma de aire comprimido mentras facía fotos en Gondomar.

Até 8 balotes rozaron ao cámara sen que ningún deles chegase a alcanzalo.

Os feitos producíronse onte ás 10 da mañá na rúa Ripote, nunha zona de casas preto do depósito municipal de auga de Gondomar. Pablo Banga, cámara de Gondomar.tv, estaba a esas horas captando imaxes de recursos e panorámicas da vila gondomareña cando se percatou dos primeiros disparos. "Ao principio pensei que caira algo, pensei incluso que alguén me tirara algunha pedra. Ao terceiro disparo xa me din conta que eran balíns".

Banga sinala que os disparos procedían dalgunha das casas das inmediacións pero non soubo precisar con exactitude a procedencia dos balotes.

Ante a gravidade do acontecido e para previr que poidesen disparar a outra persoa , Banga  puxo os feitos en coñecemento da Policía Local de Gondomar que lle aseguraron que "darían un paseo pola zona".