Por segundo ano consecutivo a Asociación "Tercera Juventud" recibirá unha subvención do Concello de Gondomar destinada a financiar os gastos de aluguer, luz e auga do local que alberga a súa sede na Rúa Emigrante. Pola súa parte, a Asociación 'Tercera Juventud' comprométese a levar a cabo actividades de sensibilización social para a integración dos colectivos da terceira idade e a desenvolver actuacións dirixidas a impulsar iniciativas sociais activas cos maiores do municipio, incluídas as promovidas desde o Concello.
Gondomar
O Concello de Gondomar renova o seu convenio de colaboración coa Asociación ‘Tercera Juventud’
O custe do mantemento de rúas e camiños consume a case totalidade do orzamento de Vías e Obras en Gondomar.
O mal estado no que se atopan moitas rúas e camiños de Gondomar obrigan "á Concellaría de Vías e Obras a destinar gran parte dos seus orzamentos á reparación dos vellos colectores e das fochas en detrimento de posibles novas obras", sinalan dende o Concello. "O investimento neste tipo de actuacións pode ir desde os 3.000 ata os 9.000 euros, sen contar o seu mantemento anual", agregou o concelleiro responsable da área, Jesús Salgueiro.
O goberno de Gondomar comprométese a abrir o debate do PXOM ás parroquias e grupos sociais.
-Os concelleiros nacionalistas de Gondomar (ANOVA) comprometeron ao alcalde Fernando Guitián á apertura social do debate durante unha xuntanza informativa mantida este xoves.
-Segundo o compromiso asumido, abrirase un período non menor a dous meses paras que os grupos veciñais poidan informarse, estudar o plan e plantexar suxestións, a unha redacción do PXOM que os nacionalistas cualifican como baleira dun modelo e máis como para "saír do paso" .
O Concello de Gondomar porá un autobús para trasladar aos afectados polas preferentes á manifestación en Santiago.
A Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes e subordinadas anuncia na súa páxina en Facebook, que o Concello "pagará" un autobús para que todos aqueles que quieran participar da manifestación en Santiago podan facelo de xeito gratuíto. A información ven incluída na convocatoria a participar en dito evento, que terá lugar o vindeiro sábado 2 de febreiro.
Retiran en Gondomar catro árbores caídas durante as enchentes dos ríos Zamáns e Miñor.
Operarios de Augas de Galicia procederon a retirar catro árbores caídas durante as enchentes dos ríos Miñor e Zamáns que cruzan Gondomar. Pola súa banda, o Concello de Gondomar informa que unha vez remate a época de choivas continuarán as tarefas de adecuación que incluirán tanto, a roza dos restos vexetais que poidan entorpecer os cursos das augas como a retirada de residuos acumulados nos marxes.
Os xogadores do Gondomar C.F. abraiaron, golearon e solidarizáronse cos veciños afectados polas preferentes.
A Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes e subordinadas recibiu o pasado domingo o apoio dos xogadores do Gondomar Fútbol Club que saíron ao campo de As Gaiandas, vestidos coas camisetas que habitualmente utilizan os veciños nas súas xornadas de protesta. A escuadra gondomareña aprontábase para disputar o partido ante o Ponte Ourense, ao que finalmente venceu cun contundente 7 a 1.
O medo ao asolagamento de vivendas e negocios volve a Gondomar logo doutra xornada de intensas choivas.
Cada vez que as xornadas de choiva enchen a canle do Miñor o medo a unha posible desfeita arrepía a veciños e comerciantes da vila condal. Afortunadamente, esta xornada non provocou vítimas nin danos materias de importancia, segundo confirmou o alcalde Fernando Gutián. O rexedor ten disposto un retén permanente para emerxencias coa policía local e operarios de Vías e Obras que ata o momento desta publicación non lle tiñan comunicado ningún incidente grave. Nembargante, veciños dos barrios de Fontán, Mañufe e a zona da praza de abasto -lugares de habitual inundación- non deixaron de controlar o estado do río.
A Casa da Cultura de Gondomar amosa nova faciana logo da súa remodelación.
A vinte anos da súa habilitación como Casa da Cultura municipal, o edificio foi remodelado en boa parte das súas estruturas cun orzamento de 12 mil euros. Os traballos foron desenvolvidos en su meirande parte por persoal do Concello, agás a colocación dunha tarima flotante feita por unha empresa privada. As obras renovaron as paredes do edificio no que na actualidade funcionan a Oficina da Cultura, a Oficina de información xuvenil (OMIX), a Oficina da Muller e a de Benestar entre outros servizos.
Afectados polas preferentes abordan ao conselleiro Agustín Fernández na súa visita a Gondomar.
Un grupo de clientes vítimas da estafa das preferentes/subordinadas das caixas galegas interromperon este martes o percorrido que o conselleiro Agustín Fernández facía coas autoridades municipais por mor das obras de saneamento en Gondomar. Parte dos afectados que actualmente ocupan o edificio do Concello saíron do peche co fin de esixirlle a Fernández que atopara cos seus compañeiros de goberno unha solución política ao "curraliño" no que as financeiras deixaron os seus aforros. O alcalde de Gondomar, Fernando Gutián, intercedeu na conversa que por momentos subía de ton, para pedirlle ao conselleiro que en nome dos seus veciños fixesen o posible por axilizar unha solución ao problema.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL