Mércores, 7 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Unha sentencia absolve ao Concello de Gondomar de indemnizar con máis dun millón de euros a unha promotora

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomar-O Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo vén de desestimar o recurso contencioso administrativo presentado por Promociones Colmeiro e Martínez S.A. no que solicitaba unha indemnización do Concello de Gondomar de 1.061.600,09 euros

O veciño de Gondomar, Alfredo López , recibirá o premio OSÍXENO 2012 polo seu traballo en defensa da fauna mariña.

Correo-e Imprimir PDF

alfredo lopezA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia(ADEGA) vén de fallar este mércores os premios OSÍXENO e DIOXINA que recoñecen ás mellores e peores actuacións ambientais do ano. Na categoría individual o premio recaeu no veciño de Peitieiros (Gondomar),Alfredo López (biólogo mariño e especialista en debuxos da fauna ) pola súa defensa do patrimonio marítimo do país, a través do seu labor na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

"Habemus convocatoria": a Xunta Veciñal de Morgadáns volverá a reunirse despois de oito meses.

Correo-e Imprimir PDF

mesa morgadans_2011-A presidencia deixa fóra o tratamento das contas da parroquia e o orzamento para o 2013.

-O vogal Xaime Luxilde renunciará como representante do BNG en Morgadáns tras o seu pasaxe a ANOVA.

-Urbano Esmerode informará dunha alegación feita pola Entidade contra a instalación do parque eólico na Serra do Galiñeiro.

-Luxilde presentará un proxecto para recuperar a canteira de Vilas.

-A xuntanza terá lugar este xoves 13 de decembro ás 19:30 horas no local da Entidade.

Desaloxo e reocupación do caixeiro de NGB en Gondomar na mesma mañá.

Correo-e Imprimir PDF

ngb desaloxoUn operativo da Garda Civil desaloxou ás 9 da mañá ao grupo de clientes de NovaGalicia Banco que ocupaban o caixeiro da sucursal Gondomar. O operativo tivo lugar sen incidentes xa que os aforristas decidiron saír sen opoñer resistencia, tras 8 días de ocupación permanente en reclamo da devolución dos seus aforros retidos a través de participacións preferentes e débedas subordinadas. Valminor. Info, único medio presente nese momento, puido observar un trato respectuoso entre os dous axentes que levaron adiante a orde xudicial de desaloxo e os veciños que ocupaban. No momento de redactar este artigo, o caixeiro volve a ser ocupado por outro grupo de afectados.

ANOVA Gondomar fai público o documento do PXOM na súa web.

Correo-e Imprimir PDF

anova pxom
Os cinco concelleiros non adscritos decidiron facer público o documento do PXOM de Gondomar "porque os políticos non somos unha casta superior que deba ter máis privilexios que o resto da cidadanía", afirman. A documentación pódese descargar na web de ANOVA Gondomar, grupo político ao que responden os concelleiros escindidos do BNG, que deste xeito, contraveñen a orde do goberno municipal que restrinxe o seu  acceso ao grupo de concelleiros integrantes do Pleno.

Este xoves ás 18 horas inaugúrase a iluminación de Nadal no concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

nadal led-A iluminación de Nadal estará acesa dende as 18 horas ata media noite, do 6 de decembro ata o día de Reis

-A Concellería de Cultura colocou sistemas de iluminación eficiente. A medida tradúcese nun aforro do 20% respecto da contía de 2009, segundo fontes muncipais.

Esquerda Unida de Gondomar solidarízase coa loita dos afectados polas preferentes

Correo-e Imprimir PDF

1-noite-caixeiro-ngb-Dende a dirección local en Gondomar e comarcal de Vigo dirixiuse escrito ós parlamentarios de Esquerda Unida para que valoren algunha iniciativa no Parlamento Galego.

Esquerda Unida amosou a súa solidariedade a través dun comunicado, cos pequenos aforradores afectados "polo timo das preferentes", que nestes días ocupan a entrada da sucursal de NGB en Gondomar.

O BNG Gondomar expresa o seu apoio ás persoas afectadas polas preferentes pechadas na oficina de Novagalicia Banco en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Os afestados pola estafa das preferentes continúan a súa protesta na interior do caixeiro de NGBO BNG de Gondomar expresou hoxe, nun comunicado, o seu apoio aos afectados pola estafa das preferentes que se atopan pechados indefinidamente na oficina de NovaGaliciaBanco en Gondomar en sinal de protesta, xa que foi unha das sucursais que tramitaron estar participaciósn preferentes e subordinadas.

Oito afectados polas preferentes péchanse por tempo indeterminado no caixeiro da sucursal de NGB en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

caixeiro-gondomar-2
-Os afectados reclaman solucións ao "curraliño" no que quedaron os seus aforros e manterán a medida por tempo indeterminado.

- A ocupación comezou ás 13 horas deste luns cunha soa aforrista, e no momento de pechar esta nota atópanse 8 dentro do caixeiro.

-Os afectados atópanse no caixeiro ao carón da porta de acceso á entidade bancaria.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL