Mércores, 7 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Comezaron as obras de pavimentación na travesía de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

obras-elduayenA Avenida de Elduayen e a Rúa Ángel Urzaiz están sendo intervidas con traballos de pavimentación por parte da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Gondomar. Os traballos que comezaron esta semana, implicarán obras de saneamento e reforzo do firme destas estradas que conforman a travesía, Tui- A Ramallosa (PO-340) e O Porriño- Gondomar (PO-331) por un valor de 50 mil euros.

Gondomar celebra a I Festa Medieval do 24 ao 26 de agosto

Correo-e Imprimir PDF

fiesta medieval_debuxoDurante tres días a vila de Gondomar intentará recuperar o seu pasado medieval. Xograres, artesáns, zancudos e guerreiros transitarán entre a Praza da Alameda e a Praza do Concello, dando vida a esta recreación histórica que levará por nome "I Festa Medieval de Gondomar".

Antonio Araúxo denuncia a utilización "indiscriminada de herbicidas" en camiños e cunetas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

cunetas-herbicidas-gondomarO concelleiro Antonio Araúxo denunciou esta tarde en nome da Agrupación Nacionalista de Gondomar a utilización indiscriminada de herbicidas por parte do Concello en distintos puntos do municipio. O concelleiro non adscrito (ex BNG), lamentou por outra banda, que as tarefas de limpeza de camiños e cunetas non se faga con veciños en situación de desemprego "como se fixo sempre". O punto será levado ao vindeiro Pleno municipal.

Posta en marcha do bombeo de augas residuais na parroquia de Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Gondomar informa que puxo en marcha o bombeo de augas residuais existente no barrio de Gándara na parroquia de Peitieiros.

Paula Mª Casal Vázquez asumiu o cargo como nova arquitecta municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

concello gondomar-Carlos Lameiro: "Gondomar é un concello con planeamento".

Paula María Casal Vázquez é a nova arquitecta municipal contratada polo Concello de Gondomar a fin de cubrir a baixa temporal do técnico titular do Servizo de Urbanismo. A profesional que tomou onte 1 de agosto, posesión do cargo , terá como cometido principal "aliviar os retrasos acumulados nos últimos meses", segundo o comunicado emitido pola administración.

O Concello de Gondomar coloca novos colectores para o reciclaxe de residuos orgánicos e vidro.

Correo-e Imprimir PDF

colectores-lixo-reciclaxe-gO Concello de Gondomar anunciou a colocación de novos colectores para residuos orgánicos e de vidro a fin de incentivar o reciclaxe no termo municipal. Tres deles colocáronse no polígono da Pasaxe, un en Mañufe e dous nos merenderos das áreas recreativas de Gondomar e San Cibrán.

60 rapaces de Gondomar clausuran o GONDOVERÁN

Correo-e Imprimir PDF

gondoveran-2O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concelleira de Igualdade, Patricia Durán, clausuraron esta mañá no CEIP Chano Piñeiro o GONDOVERÁN, o campamento de lecer e tempo libre no que participaron 60 rapaces e rapazas durante todo o mes de xullo.

O Concello de Gondomar apoiará a gravación de catro discos de músicos locais.

Correo-e Imprimir PDF

blue-jeans-(6)-Trátase das novas propostas de Rubén de Lis, Blue Jeans, Os Terribles de Donas e Os Irmandiños de Vincios

-Todas as bandas actuarán dentro da programación cultural deste verán

-Rubén de Lis rexistrará en directo os temas do seu novo traballo no concerto programado por Cultura o 28 de xullo

-"É esencial potenciar a difusión dos artistas e grupos locais", Ignacio Troncoso, concelleiro de Cultura

O PXOM de Gondomar para o 2016?

Correo-e Imprimir PDF

VISTA AREA_DE_GONDOMARA Xunta de Galicia reelaborou o calendario da subvención para a tramitación do Plan Xeral de Organización Municipal (PXOM) de Gondomar fixando o ano 2016 para o pago da última cota correspondente á aprobación definitiva do documento. O novo cronograma espertou críticas por parte do ex alcalde nacionalista (2007-2009) e actual concelleiro non adscrito Xosé Antonio Araúxo quen opinou que finalmente o PP ten programada a aprobación do documento "10 anos despois de nós iniciar os trámites para que Gondomar tivese o tan necesario PXOM".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL