A Avenida de Elduayen e a Rúa Ángel Urzaiz están sendo intervidas con traballos de pavimentación por parte da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Gondomar. Os traballos que comezaron esta semana, implicarán obras de saneamento e reforzo do firme destas estradas que conforman a travesía, Tui- A Ramallosa (PO-340) e O Porriño- Gondomar (PO-331) por un valor de 50 mil euros.
A intervención, financiada pola Axencia Galega de Infraestruturas foi solicitada polo Concello ante o "estado de conservación insuficiente", que segundo a administración local, presentaban ditos tramos.
A obra "beneficiará aos preto de 14 mil habitantes do concello", aseguran dende o Concello.
Segunda fase en setembro
A administración adiantou que está previsto que no mes de setembro se leve a cabo a segunda fase das obras de saneamento e reforzo de firme en Gondomar. Estes traballos consistirán na pavimentación das rúas Urzáiz e da Avenida do Conde de Gondomar