O BNG de Gondomar presentou por medio do rexistro municipal unha petición de moción dirixida a propor ao Goberno do Estado que realice as xestións necesarias para acadar a supresión das exención impositivas que goza a Igrexa Católica. Nomeadamente os nacionalistas esixen que esa institución abone o IBI polos seus bens, dos que só en Galicia posúe 7.691 inmóbeis por un valor catastral de 426 millóns e euros.
Gondomar
O BNG de Gondomar propón que a Igrexa Católica pague o IBI.
O BNG convoca un acto para explicar o borrador da Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras
O BNG do Val Miñor organiza para este venres un acto público ao que asistirá oa deputado nacionalista Henrique Viétez para explicar o borrador da nova Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras nos concellos miñoráns.
No acto intervirán o presidente da Organización Galega de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o deputado do BNG no Parlamento galego, Henrique Viéitez.
A ANPA do Chano Piñeiro reclama ao goberno de Gondomar que asuma a xestión do comedor escolar.
A ANPA do colexio Chano Piñeiro de Gondomar presentou unha petición ao Concello de Gondomar onde solicita á administración local que en conxunto coa Xunta de Galicia asuman a xestión do comedor escolar do centro. O reclamo presentouse por rexistro o pasado martes acompañado de 71 escritos contendo 82 sinaturas que foron recolleitas nunha campaña durante o mes de maio.
Nacionalistas advirten sobre a posible fumigación cun pesticida tóxico nos montes de Gondomar.
Ante a posible fumigación cun pesticida tóxico (Flufenoxuron) dos montes da bisbarra os concelleiros nacionalistas de Gondomar presentarán unha moción ao pleno municipal cara a evitar dita acción que se está a desenvolver en todo o país por orden da Xunta de Galicia. Nomeadamente, os cinco ex concelleiros do BNG (actual Asemblea Nacionalista de Gondomar), pedirán que o Concello se adhira á Plataforma galega contra as fumigacións e solicite ao goberno autonómico a paralización das mesmas nas plantación de eucaliptos con Flufenoxuron en todo o país.
Gondomar ofrece 70 prazas para un campamento infantil no mes de xuño.
A Concellería de Igualdade de Gondomar, e a través do Centro de Información á Muller, anunciou a posta en marcha de "Gondoverán". A iniciativa propón un campamento de lecer e tempo libre para cativos, fillos de persoas en activo ( por conta propia ou allea), co obxectivo de favorecer " a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo", segundo información do CIM Gondomar. As inscrición para 70 prazas se ábrense o vindeiro martes 1 de xuño ata o día 12 do mesmo mes.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública celebrará unha charla - coloquio en Gondomar.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, o próximo Venres dia 25 de Maio, as 19,30h, vai celebrar unha Charla–Coloquio, na Casa da Cultura de Gondomar, sobre "Que está a pasar coa Sanidade Pública ".
O BNG de Gondomar presenta o seu Consello local nas parroquias de Vilaza e Borreiros
O BNG de Gondomar vai celebrar esta semana dous novos encontros dentro da campaña "Conversa do BNG", onde se está a presentar a nova mesa local do municipio. O primeira xuntanza terá lugar no Centro Cultural de Vilaza este luns 21 de maio ás 20:30 horas. O seguinte será no Centro Cultural da parroquia de Borreiros o vindeiro mércores 23 de maio ás 21 horas.
O BNG de Gondomar presentará a súa nova faciana na parroquia de Couso.
O BNG de Gondomar informa que este martes 15 ás 20:30 horas, celebrará un encontro coa veciñanza de Couso na Casa Veciñal da parroquia. Ao mesmo concorrerán os novos responsables do Consello Local, integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.
O goberno de Gondomar aproba por maioría un crédito de 1.657.261,82 € para o pago de provedores.
- Nacionalistas denuncian: "É a primeira vez na historia que o Pleno de Gondomar aproba un préstamo sen saber as condicións económicas nas que vai ser concertado"
- A concelleira de Facenda, Natalia Salgueiro (CDL), asegurou que a firma da operación "axudará enormemente a sanear a economía local".
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL