Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Nacionalistas advirten sobre a posible fumigación cun pesticida tóxico nos montes de Gondomar.

Nacionalistas advirten sobre a posible fumigación cun pesticida tóxico nos montes de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
helicoptero-fumigacion
Zonas de tratamento químico en Pontevedra - Fonte ADEGA
Access this URL (https://dl.dropbox.com/s/wm9af6lbgsdwkkg/Zona%20ampliacion%20Pontevedra.rar?dl=1)
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Ante a posible fumigación cun pesticida tóxico (Flufenoxuron) dos montes da bisbarra os concelleiros nacionalistas de Gondomar presentarán unha moción ao pleno municipal cara a evitar dita acción que se está a desenvolver en todo o país por orden da Xunta de Galicia. Nomeadamente, os cinco ex concelleiros do BNG (actual Asemblea Nacionalista de Gondomar), pedirán que o Concello se adhira á Plataforma galega contra as fumigacións e solicite ao goberno autonómico a paralización das mesmas nas plantación de eucaliptos con Flufenoxuron en todo o país.

 

Segundo explica o concelleiro Xosé Antonio Araúxo, o pasado 31 de marzo de 2012 a Xunta de Galiza acordou fumigar as plantacións de eucaliptos contra o gorgullo, insecto que provoca a perda de crecemento da especie. O concelleiro advirte que o Flufenoxuron é un pesticida que está excluído da lista de fitosanitarios autorizados pola Unión Europea dende setembro de 2011 por ser "bioacumulable, persistente e tóxico, e que ademais será prohibido o seu emprego a partires do 1 de agosto de 2012."

"Nestes intres hai 100.000 hectáreas afectados polo devandito gorgullo -1/4 parte da superficie plantada-, o que implicaría utilizar unha disolución, como mínimo, duns 50.000 litros de Flufenoxuron e auga", informa o concelleiro.

Fumigación no Val Miñor.

Segundo información que consta no grupo nacionalista, a zona do Val Miñor está incluída dentro das previsións de fumigación. "Polo que o emprego deste produto químico non só afectaría á devandita praga, senón que atacaría a outros seres vivos, contaminaría os acuíferos (no Val Miñor e en Gondomar hai centos de fontes, mananciais e traídas de auga veciñais que se vería afectadas), o solo, as nosas hortas, e en xeral o todo ecosistema", advirte Araúxo.

Perigo para abellas, plantas e persoas.

O informe que os nacionalistas presentarán ao pleno, sinala que un dos peores efectos deste pesticida "é a toxicidade que ten para as larvas das abellas, que nunha fumigación masiva dos montes galegos ocasionaría probablemente a extinción da especie." O documento agrega que isto "impediría a polinización na maior parte das plantas, o que ocasionaría unha gran perda na cadea alimenticia dos animais e dos seres humanos, e moitas plantas deixarían de producir froitos."

Alternativas á fumigación tóxica.

"Lamentamos que non se empreguen para o control de pragas outros mecanismos máis efectivos e menos agresivos para o ecosistema, como son a prevención con actuacións localizadas e tratamentos baseados no control biolóxico", opina no documento o grupo nacionalista.

Nese senso, informan que o control biolóxico "é unha práctica respectuosa co medio; noutros países existen numerosas experiencias científicas demostradas sobre o control da praga dos Gonipterus, pero, se cadra hai que favorecer a algunha empresa química para que faga negocio cuns excedentes que nuns meses terá que eliminar."

Os nacionalistas responsabilizan das posibles desfeitas á Xunta de Galicia.

"A desastrosa xestión da política forestal do Partido Popular na Xunta de Galiza nas últimas tres décadas ten agora unhas consecuencias moi graves para os nosos montes" afirma o documento. Nomeadamente as plantacións abusivas de monocultivos" tiveron como consecuencia a aparición de múltiples pragas e a desaparición da biodiversidade."

A solución para rematar coa praga "non pode ser a fumigación cun produto químico que traerá consecuencias irreversibles para o noso ecosistema galego e para as persoas", opinan os nacionalista que propón a paralización das fumigacións.