Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Setecentos metros cadrados de alfombras florais cubriron as rúas de Gondomar durante o Corpus.

Setecentos metros cadrados de alfombras florais cubriron as rúas de Gondomar durante o Corpus.

Correo-e Imprimir PDF
Corpus5
Corpus
Corpus2
Corpus3
Corpus4
Corpus6
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

Gondomar volveu ser fiel a unha das súas tradicións máis arraigadas, a celebración do Corpus Christi, amencendo este domingo cuberta de alfombras florais confeccionadas durante toda a noite polos propios veciños. En total foron 700, os metros cadrados cubertos por estes mantos florais.

Os mesmos luciron motivos xeométricos, florais, infantís, elaborados polos propios rapaces e rapazas, así como relixiosos e ata un escudo do Vaticano. A realización dos tapices florais en Gondomar conta cunha tradición de antigüidade semellante a doutros concellos da contorna. Sen embargo, o Corpus Christi da vila condal, presenta unha particularidade que a diferenza. Trátase da alfombra da escalinata de San Bieito, un tapiz floral que cobre cada un dos 40 banzos que a compoñen, tanto na súa parte horizontal como na vertical, adherindo nesta pétalos e follas, facendo que a súa confección sexa moito máis complexa.