Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Gondomar traballa arreo na confección das alfombras do Corpus deste domingo.

Gondomar traballa arreo na confección das alfombras do Corpus deste domingo.

Correo-e Imprimir PDF
alfombristas

-Veciños de todas as parroquias de Gondomar traballan arreo nas alfombras do Corpus.
-O concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso, salientou a resposta masiva da veciñanza na achega solidaria de flores nos últimos días.
- Mañá sábado, dará comezo unha xornada maratoniana. Desde as 17.00 horas, e ata ben entrada a madrugada, os veciños daranse cita nas diferentes rúas do municipio e comezarán a confeccionar as laboriosas alfombras que se exhibirán na mañá do domingo.

Nun ambiente no que se respira unha mixtura de angustia polo pouco tempo que resta e ledicia polo pracer do traballo comunitario, ducias de veciñas e veciños do concello de Gondomar apuran o esfollar das derradeiras flores que vestirán este domingo a vila de Gondomar.
A tradición que arrancara a finais da década dos '50 traída por un garda civil de Ponteareas, hoxe acende carpas e locais en varias parroquias do municipio. "É de recibo agradecerlles este esforzo", salientou o alcalde Fernando Guitián na tardiña deste venres na que percorreu xunto cos concelleiros Patricia Durán e Ignacio Troncoso os centros culturais de Couso, Peitieiros, Chaín, Vincios e Mañufe, ademais do barrio de Caside e a carpa da Alameda ao pé da igrexa de San Bieto onde terán lugar os actos relixiosos do domingo.
Este sábado, dará comezo unha xornada maratoniana. Desde as 17.00 horas, e ata ben entrada a madrugada, os veciños e veciñas de Gondomar e parroquias daranse cita nas diferentes rúas do municipio e comezarán a confeccionar as laboriosas alfombras que se exhibirán na mañá do Corpus.
Para que o traballo resulte menos duro, o Concello porá música ambiental nestes puntos, co obxectivo de amenizar a xornada aos alfombristas.